Política de privacidade de Google

Cando usas os nosos servizos, confíasnos a túa información. Entendemos que esta é unha gran responsabilidade e traballamos arduamente para protexer a túa información e para que poidas controlala.

Esta política de privacidade pretende axudarche a comprender a información que recompilamos, por que a recompilamos e como podes actualizala, xestionala, exportala e eliminala.

Se a lei de protección de datos da Unión Europea ou do Reino Unido é aplicable ao tratamento da túa información, na sección sobre os requisitos europeos que aparece máis abaixo podes consultar máis información acerca dos teus dereitos e do cumprimento das obrigas legais por parte de Google.

Revisión de privacidade

Queres cambiar a túa configuración de privacidade?

Realizar a Revisión de privacidade

En vigor a partir do 16 de setembro de 2024 | Versións arquivadas | Descargar en PDF

Creamos unha gama de servizos que axudan a millóns de persoas a explorar o mundo a diario e a interactuar con el de formas novas. Entre os nosos servizos inclúense:

  • Aplicacións, sitios e dispositivos de Google, como a Busca, YouTube e Google Home
  • Plataformas como o navegador Chrome e o sistema operativo Android
  • Produtos que están integrados en aplicacións e sitios de terceiros, como anuncios, estatísticas e a versión inserida de Google Maps

Podes usar os nosos servizos de varias maneiras para xestionar a túa privacidade. Por exemplo, podes rexistrarte nunha Conta de Google se queres crear e xestionar contidos, como correos electrónicos e fotos, ou ver resultados de busca máis relevantes. Tamén podes usar moitos servizos de Google sen necesidade de iniciar sesión nin de crear unha conta, como facer buscas en Google ou ver vídeos de YouTube. Se queres, tamén podes navegar pola Web de xeito privado; por exemplo, podes usar o modo de incógnito de Chrome, que che axuda a manter a túa actividade de navegación en privado para que as demais persoas que usan o dispositivo non poidan vela. Ademais, nos nosos servizos podes axustar a configuración de privacidade para controlar se recompilamos ou non determinados tipos de datos e como os usamos.

Para que esta explicación sexa o máis clara posible, engadimos exemplos, vídeos explicativos e definicións de termos clave. Se tes algunha dúbida sobre esta Política de privacidade, podes poñerte en contacto connosco.

Información recompilada por Google

Queremos que entendas que tipo de información recompilamos cando utilizas os nosos servizos

Recompilamos información para mellorar os servizos que ofrecemos a todos os nosos usuarios: por exemplo, podemos deducir aspectos básicos, como o idioma que falan, ou elementos máis complexos, como os anuncios que lles poden resultar máis útiles, os usuarios que máis lles importan en liña ou que vídeos de YouTube lles poden gustar. A información recompilada por Google e a súa utilización dependerá de como utilices os nosos servizos e como xestiones os teus controis de privacidade.

Cando non tes a sesión iniciada nunha Conta de Google, almacenamos a información que recompilamos con identificadores únicos vinculados ao navegador, á aplicación ou ao dispositivo que esteas utilizando. Isto permítenos, por exemplo, manter as túas preferencias nas distintas sesións de navegación, como o teu idioma preferido ou mostrarche anuncios ou resultados de busca máis relevantes en función da túa actividade.

Cando inicias sesión, tamén recompilamos información que almacenamos coa túa conta de Google e que tratamos como datos persoais.

Cousas que creas ou nos forneces

Cando creas unha conta de Google, fornécesnos información persoal, entre a que se inclúe o teu nome e un contrasinal. Tamén podes optar por engadir un número de teléfono ou información de pago á túa conta. Aínda que non inicies sesión nunha conta de Google, podes decidir fornecernos información, como por exemplo un enderezo de correo electrónico para comunicarte connosco ou recibir información actualizada sobre os nosos servizos.

Tamén recompilamos o contido que creas, cargas ou recibes doutras persoas cando usas os nosos servizos. Aquí inclúense os correos electrónicos que escribes e recibes, as fotos e os vídeos que gardas, os documentos e as follas de cálculo que creas e os comentarios que fas en vídeos de YouTube.

Información que recompilamos cando utilizas os nosos servizos

As túas aplicacións, navegadores e dispositivos

Recompilamos información sobre as aplicacións, os navegadores e os dispositivos que utilizas para acceder aos servizos de Google, o cal nos axuda a ofrecer funcións como a actualización automática de produtos e a atenuación da pantalla se che queda pouca batería.

Entre a información que recompilamos inclúense os identificadores únicos, o tipo e a configuración do navegador e do dispositivo, o sistema operativo, a información sobre a rede de telefonía móbil, incluídos o nome do operador, o número de teléfono e o número de versión da aplicación. Tamén recompilamos información sobre a interacción das túas aplicacións, navegadores e dispositivos cos nosos servizos, por exemplo: o enderezo IP, os informes de fallos, a actividade do sistema e a data, a hora e o URL do referenciador da túa solicitude.

Recompilamos esta información cando un servizo de Google do teu dispositivo contacta cos nosos servidores (por exemplo, cando instalas unha aplicación de Play Store ou cando un servizo comproba se hai actualizacións automáticas). Se estás usando un dispositivo Android con aplicacións de Google, este contactará de forma periódica cos servidores de Google para ofrecer información sobre o teu dispositivo e conectarse aos nosos servizos. Entre esta información inclúense aspectos como o tipo de dispositivo, o nome do teu operador, os informes de fallos, as aplicacións que instalaches e, dependendo da configuración do teu dispositivo, outra información sobre como estás usando o teu dispositivo Android.

A túa actividade

Recompilamos información sobre a actividade que realizas nos nosos servizos e utilizámola, por exemplo, para recomendar un vídeo de YouTube que pode gustarche. Entre os datos da túa actividade que recompilamos poden incluírse:

Se utilizas os nosos servizos para facer e recibir chamadas ou enviar e recibir mensaxes, é posible que recompilemos información do rexistro desas chamadas e mensaxes (por exemplo, o número de teléfono, o número do emisor e do receptor da chamada, os números de desvío, o enderezo de correo electrónico do remitente e do destinatario, a hora e a data das chamadas e as mensaxes, a duración das chamadas, a información sobre o enrutamento, e os tipos e volumes das chamadas e das mensaxes).

Podes visitar a túa conta de Google para atopar e xestionar a información da actividade que está gardada na túa conta.

A información da túa localización

Recompilamos información de localización cando utilizas os nosos servizos, o cal nos axuda a ofrecer funcións como indicacións para chegar en coche, resultados de busca de cousas dos arredores e anuncios baseados na túa localización.

En función dos produtos que utilices e da configuración que escollas, Google pode valerse de distintos tipos de información de localización para tratar de que algúns dos servizos e produtos que usas che resulten máis útiles. Entre eles inclúense os seguintes:

Os tipos de datos de localización que recompilamos e o tempo de almacenamento correspondente dependen en parte da configuración do dispositivo e da conta. Por exemplo, podes activar ou desactivar a localización do dispositivo Android utilizando a aplicación de configuración do dispositivo. Tamén podes activar o Historial de localización se queres crear un mapa privado dos lugares que visitas cos dispositivos nos que teñas a sesión iniciada. E se tes activada a opción Actividade web e das aplicacións, gárdanse na túa Conta de Google as buscas que fagas e outras actividades que realices nos servizos de Google, o cal tamén pode incluír información sobre a localización. Consulta Como utiliza Google a información de localización?


Nalgunhas circunstancias, Google tamén recompila información sobre ti de fontes dispoñibles publicamente. Por exemplo, se o teu nome aparece nun xornal local, o motor de busca de Google pode indexar o artigo en cuestión e amosárllelo a outras persoas que busquen o teu nome. Tamén podemos recompilar información sobre ti procedente de socios de confianza, como directorios que nos proporcionan información sobre empresas para que a mostremos nos servizos de Google, socios de márketing que nos ofrecen información sobre clientes potenciais dos nosos servizos para empresas e socios de seguranza que nos fornecen información para ofrecer protección contra o uso inadecuado. Tamén recibimos información de socios para ofrecer servizos de publicidade e de busca no seu nome.

Utilizamos diferentes tecnoloxías para recompilar e almacenar información: cookies, etiquetas de píxeles, sistemas de almacenamento local, como o almacenamento web do navegador ou memorias caché de datos de aplicacións, bases de datos e rexistros do servidor.

Por que recompila datos Google

Utilizamos os datos para crear mellores servizos

Utilizamos a información que recompilamos de todos os nosos servizos para os seguintes fins:

Fornecer os nosos servizos

Utilizamos a túa información para ofrecer os nosos servizos, por exemplo, para procesar os termos que buscas a fin de mostrar resultados ou para axudarche a compartir contidos suxerindo destinatarios dispoñibles entre os teus contactos.

Manter e mellorar os nosos servizos

Tamén utilizamos a túa información para garantir que os nosos servizos funcionan do xeito previsto, como é o caso ao realizar un seguimento das suspensións temporais do servizo ou ao resolver os problemas dos que nos informes. Ademais, usamos os teus datos para facer melloras nos nosos servizos (por exemplo: saber cales son os termos de busca que se escriben incorrectamente con máis frecuencia axúdanos a mellorar as funcións de revisión ortográfica que se usan nos nosos servizos).

Desenvolver novos servizos

Utilizamos a información que recompilamos nos servizos existentes para axudarnos a desenvolver outros servizos novos. Por exemplo, comprender como organizaban os usuarios as súas fotos en Picasa, a primeira aplicación de fotos de Google, axudounos a deseñar e lanzar Google Fotos.

Ofrecer servizos personalizados, como contidos e anuncios

Utilizamos a información que recompilamos para personalizar os nosos servizos para ti, como ofrecerche recomendacións, contidos personalizados e resultados de busca personalizados. Por exemplo, o sitio web Revisión de seguranza ofrece consellos de seguranza adaptados á forma en que utilizas os produtos de Google. Ademais, en función da configuración que teñas definida en cada momento, Google Play podería utilizar información como as aplicacións que instalaches e os vídeos que reproduciches en YouTube para suxerir novas aplicacións que quizais che gusten.

Dependendo da túa configuración, tamén podemos amosarche anuncios personalizados en función dos teus intereses e da túa actividade nos servizos de Google. Por exemplo, se buscas "bicicletas de montaña", é posible que se mostren anuncios de equipamentos deportivos en YouTube. Podes controlar a información que queres que utilicemos para mostrarche publicidade desde a configuración de anuncios en O meu centro de anuncios.

  • Non che mostraremos anuncios personalizados baseados en categorías sensibles, como a raza, a relixión, a orientación sexual ou a saúde.
  • Non che mostramos anuncios personalizados baseados no contido que teñas en Drive, Gmail ou Fotos.
  • Non compartiremos información que te identifique persoalmente cos anunciantes, como o teu nome ou correo electrónico, a menos que nolo pidas. Por exemplo, se ves un anuncio dunha floraría próxima e seleccionas o botón Tocar para chamar, realizaremos a chamada e podemos compartir o teu número de teléfono coa floraría.

Medir o rendemento

Utilizamos datos para facer estatísticas e medicións coa finalidade de comprender como se utilizan os nosos servizos. Por exemplo, analizamos os datos sobre as visitas que realizas aos nosos sitios para optimizar o deseño do produto. Tamén usamos información sobre os anuncios cos que interactúas, así como a túa actividade da Busca de Google relacionada, para axudar aos anunciantes a entender o rendemento das súas campañas publicitarias. Utilizamos unha ampla variedade de ferramentas, entre elas, Google Analytics. Así, cando visitas sitios ou usas aplicacións que utilizan esta ferramenta, un cliente de Google Analytics pode decidir darlle permiso a Google para vincular información sobre a túa actividade nese sitio ou aplicación con actividade doutros sitios ou aplicacións que utilizan os nosos servizos de publicidade.

Comunicación contigo

Utilizamos a información que recompilamos, como o teu enderezo de correo electrónico, para interactuar contigo directamente. Por exemplo, podemos enviarche unha notificación se detectamos unha actividade sospeitosa, como un intento de iniciar sesión na túa conta de Google desde unha localización que non é habitual, ou informarte sobre os próximos cambios ou melloras nos nosos servizos. Se te pos en contacto con Google, gardaremos un rexistro da túa solicitude para axudarche a resolver calquera incidencia que se produza.

Protexer a Google, os nosos usuarios e o público

Utilizamos información para axudar a mellorar a seguranza e fiabilidade dos nosos servizos. Aquí inclúense a detección, a prevención e a resposta a fraudes, usos inadecuados, riscos para a seguranza e problemas técnicos que poidan danar a Google, os nosos usuarios ou o público.


Utilizamos diferentes tecnoloxías para procesar a túa información para estes fins. Usamos sistemas automatizados que analizan o teu contido para ofrecerche resultados de busca e anuncios personalizados ou outras funcións adaptadas á forma en que utilizas os nosos servizos. Tamén analizamos o teu contido para axudarnos a detectar usos inadecuados como o spam, o software malicioso e os contidos ilegais. Ademais, usamos algoritmos para recoñecer padróns nos datos. Por exemplo, o Tradutor de Google axuda ás persoas a comunicarse en diferentes idiomas mediante a detección de padróns de idioma comúns nas frases que lle solicitas traducir.

Podemos usar a información que recompilamos a través dos nosos servizos e dos teus dispositivos para os fins descritos anteriormente. Por exemplo, en función da configuración que teñas definida en cada momento, se reproduces vídeos de guitarristas en YouTube, é posible que vexas un anuncio de clases de guitarra nun sitio que utilice os nosos produtos publicitarios. Dependendo da configuración da túa conta, a túa actividade noutros sitios e aplicacións pódese asociar cos teus datos persoais para mellorar os servizos e os anuncios que ofrece Google.

Se outros usuarios xa teñen o teu enderezo de correo electrónico ou outra información que te identifique, podemos permitirlles ver a información pública da túa conta de Google, como o teu nome e a túa foto. Deste modo, os usuarios poden identificar un correo electrónico que lles envíes, entre outras cousas.

Pediremos o teu consentimento previo para utilizar a túa información cun fin que non estea recollido nesta Política de privacidade.

Os teus controis de privacidade

Podes xestionar a información que recompilamos e como se utiliza

Nesta sección descríbense controis clave para xestionar a túa privacidade nos nosos servizos. Tamén podes visitar o sitio Revisión de privacidade, que ofrece a oportunidade de revisar e axustar opcións de privacidade importantes. Ademais destas ferramentas, tamén ofrecemos opcións de privacidade específicas nos nosos produtos (podes obter máis información na nosa Guía de privacidade de produtos).

Xestión, revisión e actualización da túa información

Coa sesión iniciada, podes revisar e actualizar información ao visitar os servizos que utilizas. Por exemplo, Fotos e Drive están deseñados para axudarche a xestionar tipos de contido específicos que gardaches con Google.

Tamén creamos un lugar para que revises e controles a información gardada na túa conta de Google. A túa conta de Google inclúe:

Controis de privacidade

Controis de actividade

Decide que tipo de actividade queres gardar na túa conta. Por exemplo, se tes activada a opción Historial de YouTube, os vídeos que reproduces e o contido que buscas gárdanse na túa conta para que poidas obter mellores recomendacións e lembrar onde o deixaches. E se tes activada a opción Actividade web e das aplicacións, as túas buscas e a actividade doutros servizos de Google gárdanse na túa conta para que a experiencia sexa máis personalizada (por exemplo, con buscas máis rápidas, e recomendacións de contido e aplicacións máis útiles). Actividade web e das aplicacións tamén ten unha subopción de configuración que che permite controlar se a información sobre a túa actividade noutros sitios, aplicacións e dispositivos que usan os servizos de Google, como as aplicacións que instalas e usas en Android, se garda na túa Conta de Google e se utiliza para mellorar os servizos de Google.

Ir a Controis de actividade

Configuración de anuncios

Xestiona as túas preferencias sobre os anuncios que queres que se mostren en Google e nos sitios e aplicacións asociados con Google. Podes modificar os teus intereses, escoller se queres que se utilicen os teus datos persoais para conseguir que os anuncios mostrados che resulten máis relevantes e activar ou desactivar determinados servizos de publicidade.

Ir a O meu centro de anuncios

Acerca de ti

Xestiona a información persoal da túa Conta de Google e controla quen pode vela nos servizos de Google.

Ir a Acerca de ti

Recomendacións compartidas

Escolle se queres que o teu nome e a túa foto aparezan xunto á túa actividade, como as recensións e as recomendacións, que aparecen nos anuncios.

Ir a Recomendacións compartidas

Sitios e aplicacións que utilizan os servizos de Google

Xestiona a información que os sitios web e as aplicacións que utilizan os servizos de Google, como Google Analytics, poden compartir con Google cando os visitas ou interactúas cos seus servizos.

Consulta Como utiliza Google a información de sitios ou aplicacións que usan os nosos servizos

Formas de revisar e actualizar a túa información

A miña actividade

A miña actividade permíteche revisar e controlar os datos que se gardan na túa Conta de Google cando tes iniciada a sesión e utilizas os servizos de Google, como as buscas que fixeches ou as túas visitas a Google Play. Podes navegar por data e por tema, e eliminar total ou parcialmente a actividade.

Ir a A miña actividade

Panel de control de Google

O panel de control de Google permíteche xestionar información asociada a produtos específicos.

Ir a Panel de control

Os teus datos persoais

Xestiona a túa información de contacto, como o nome, o correo electrónico e o número de teléfono.

Ir a Información persoal

Podes xestionar información asociada co teu navegador ou dispositivo sen necesidade de iniciar sesión na túa conta, como, por exemplo, os seguintes elementos:

  • A personalización das buscas coa sesión pechada: decide se queres que se utilice a túa actividade de busca para ofrecer resultados e recomendacións máis relevantes.
  • A configuración de YouTube: pon en pausa e elimina o historial de busca de YouTube e o historial de visualización de YouTube.
  • A configuración de anuncios: xestiona as túas preferencias sobre os anuncios que se publican en Google e nos sitios e aplicacións asociados con Google para mostrar anuncios.

Exportar, eliminar e borrar a túa información

Podes exportar unha copia do contido da túa conta de Google se queres facerlle unha copia de seguranza ou utilizalo cun servizo alleo a Google.

Para eliminar a túa información, podes:

O Administrador de contas inactivas permíteche darlle a outra persoa acceso a parte da túa conta de Google en caso de que non poidas utilizala de forma inesperada.

Por último, tamén podes solicitar a eliminación de contido de servizos de Google determinados de acordo coa lei aplicable e as nosas políticas.


Existen outras formas de controlar a información que Google recompila, tanto se iniciaches sesión nunha conta de Google como se non, entre as que se inclúen:

  • A configuración do navegador: por exemplo, podes configurar o navegador para indicar cando colocou Google unha cookie nel. Tamén podes configurar o navegador para bloquear todas as cookies dun dominio específico ou de todos os dominios. Pero lembra que os nosos servizos utilizan cookies para funcionar correctamente e así recordar as túas preferencias de idioma, entre outras cousas.
  • A configuración do dispositivo: o dispositivo pode contar con controis que determinen a información que recompilamos. Por exemplo, podes modificar a configuración de localización no teu dispositivo Android.

Compartir a túa información

Cando compartes a túa información

Moitos dos nosos servizos permiten compartir información con outras persoas e ti tes control sobre como se fai. Por exemplo, podes compartir vídeos en YouTube de forma pública ou decidir mantelos en privado. Ten en conta que, cando compartes información publicamente, pódese acceder ao teu contido a través de motores de busca, como a Busca de Google.

Se inicias sesión na túa conta e interactúas con algúns dos servizos de Google (deixando comentarios nun vídeo de YouTube ou escribindo unha recensión sobre unha aplicación en Play), aparecerán o teu nome e a túa foto xunto á actividade que realizaches. Tamén podemos mostrar esta información en anuncios dependendo da túa configuración de Recomendacións compartidas.

Cando comparte Google a túa información

Non compartimos os teus datos persoais con empresas, organizacións ou particulares que non teñan relación con Google, excepto nos casos seguintes:

Co teu consentimento

Compartiremos datos persoais fóra de Google cando teñamos o teu consentimento. Por exemplo, se utilizas Google Home para facer unha reserva a través dun servizo de reservas, solicitaremos o teu permiso para compartir o teu nome ou o número de teléfono co restaurante. Tamén che facilitaremos os controis necesarios para revisar e xestionar sitios e aplicacións de terceiros aos que lles concedeses acceso aos datos da túa Conta de Google. Pediremos o teu consentimento explícito para compartir datos persoais confidenciais.

Con administradores de dominio

Se es estudante ou traballas para unha organización que utiliza servizos de Google, o teu administrador de dominio e os distribuidores que xestionan a túa conta terán acceso á túa conta de Google e poderán:

  • Acceder e conservar a información almacenada na túa conta, como o teu correo electrónico.
  • Consultar estatísticas relacionadas coa túa conta, por exemplo, o número de aplicacións que instalas.
  • Cambiar o contrasinal da túa conta.
  • Suspender ou cancelar o acceso á túa conta.
  • Obter información da túa conta para cumprir coa lexislación, coa normativa, co proceso legal ou cunha solicitude gobernamental executable.
  • Limitar a túa capacidade para eliminar ou editar a túa información ou a configuración de privacidade.

Para o procesamento externo

Proporcionamos información persoal ás nosas empresas vinculadas ou a outras empresas ou particulares de confianza para que a procesen no noso nome, seguindo as nosas instrucións, de conformidade coa nosa Política de privacidade e cumprindo as medidas de confidencialidade e de seguranza oportunas. Por exemplo, utilizamos fornecedores de servizos para axudar a operar os nosos centros de datos, ofrecer os nosos produtos e servizos, mellorar os nosos procesos comerciais internos e ofrecer asistencia adicional aos clientes e usuarios. Tamén utilizamos fornecedores de servizos para revisar o contido dos vídeos de YouTube a fin de garantir a seguranza pública e analizar e escoitar mostras de audio dos usuarios gardadas para axudar a mellorar as tecnoloxías de recoñecemento de audio de Google.

Por cuestións xurídicas

Compartiremos datos persoais fóra de Google se cremos de boa fe que existe unha necesidade razoable de revelar os devanditos datos para:

Podemos compartir información que non permita a identificación persoal co público e cos nosos socios, incluídos editores, anunciantes, programadores ou titulares de dereitos. Por exemplo, podemos compartir publicamente información para mostrar tendencias sobre o uso xeral dos nosos servizos. Tamén permitimos a socios específicos recompilar información do teu navegador ou dispositivo para fins publicitarios e de medición utilizando as súas propias cookies ou tecnoloxías similares.

En caso de que Google participe nunha fusión, adquisición ou venda de activos, asegurarémonos de manter a confidencialidade dos datos persoais e informaremos os usuarios afectados antes de que os seus datos persoais se transfiran ou pasen a estar suxeitos a unha política de privacidade diferente.

Protexer a túa información

Google establece medidas de seguranza nos seus servizos para protexer a túa información

Todos os produtos de Google están deseñados con funcións de seguranza sólidas que protexen a túa información de forma continua. A información que obtemos das tarefas de mantemento dos nosos servizos axúdanos a detectar ameazas para a seguranza e a evitar automaticamente que che afecten. Se detectamos algunha actividade perigosa que consideremos que debas saber, enviarémosche unha notificación e axudarémosche a levar a cabo os pasos necesarios para conseguir unha mellor protección.

Esforzámonos por protexerte a ti e a Google fronte a operacións non autorizadas de modificación, divulgación ou destrución da información que almacenamos ou fronte ao acceso non autorizado a esta. En particular:

  • Utilizamos a encriptación para manter os teus datos privados durante o proceso de envío.
  • Ofrecemos unha serie de funcións de seguranza, como a Navegación segura, a Revisión de seguranza e a Verificación en dous pasos para axudarche a protexer a túa conta.
  • Revisamos as prácticas de procesamento, almacenamento e obtención de información, incluídas as medidas físicas de seguranza, para evitar que se produzan accesos non autorizados aos nosos sistemas.
  • Limitamos o acceso aos datos persoais almacenados aos contratistas, axentes e empregados de Google que precisan coñecer a devandita información para procesala. Todas as persoas que contan con este acceso están obrigadas a cumprir coas estritas esixencias contractuais relativas á confidencialidade e, se as incumprisen, abriríaselles o expediente disciplinario pertinente ou procederíase ao seu despedimento.

Exportar e eliminar a túa información

Podes exportar unha copia da túa información ou eliminala da túa conta de Google en calquera momento

Podes exportar unha copia do contido da túa conta de Google se queres facerlle unha copia de seguranza ou utilizalo cun servizo alleo a Google.

Para eliminar a túa información, podes:

Conservar a túa información

Conservamos os datos que recompilamos durante diferentes períodos dependendo do contido do que se trate, de como se use e de como axustes a configuración:

  • Podes eliminar algúns datos cando queiras, como a túa información persoal ou o contido que crees ou cargues (por exemplo, fotos e documentos). Tamén podes eliminar a información da actividade que se garda na túa conta ou decidir borrala automaticamente despois dun período definido. Gardaremos estes datos na túa Conta de Google ata que os elimines ou decidas borralos automaticamente.
  • Outros datos elimínanse ou fanse anónimos automaticamente despois dun período definido, como a información publicitaria presente nos rexistros dos servidores.
  • Conservamos algúns datos ata que elimines a túa Conta de Google, como a información sobre a frecuencia coa que usas os nosos servizos.
  • E conservamos algúns datos durante períodos máis longos cando sexa necesario para fins lexítimos empresariais ou legais, como por cuestións de seguranza, prevención de fraude e abusos ou ben para manter rexistros financeiros.

Cando eliminas datos, seguimos un proceso de eliminación para asegurarnos de que estes se borran de forma segura e completa dos nosos servidores ou se conservan unicamente de forma anónima. Nós tentamos asegurarnos de que os nosos servizos protexan a información fronte a posibles eliminacións accidentais ou maliciosas. Por este motivo, pódense producir demoras entre o momento no que se borra un determinado contido e o instante no que se eliminan as copias dos nosos sistemas activos e de copia de seguranza.

Podes obter máis información sobre os períodos de conservación de datos de Google, incluído o tempo que tardamos en eliminar a túa información.

Cumprimento e colaboración cos reguladores

Revisamos habitualmente esta Política de privacidade e asegurámonos de procesar a túa información de maneira que a cumpra.

Transferencias de datos

Dispoñemos de servidores por todo o mundo e, polo tanto, a túa información pode procesarse en servidores localizados fóra do país no que vives. As leis de protección de datos varían en función do país, e algunhas ofrecen máis protección que outras. Independentemente de onde se procese a información, aplicaremos as mesmas proteccións que se describen nesta política. Tamén cumprimos determinados marcos legais relacionados coa transferencia de datos.

En caso de que recibamos unha reclamación formal por escrito, responderemos poñéndonos en contacto coa persoa que a presentou. Tamén nos poremos en contacto coas autoridades reguladoras pertinentes, incluídas as autoridades locais encargadas da protección de datos, para resolver calquera reclamación relacionada coa transferencia dos teus datos que non poidamos solucionar directamente contigo.

Requisitos europeos

Como exercer os teus dereitos e contactar con Google?

Se a lei de protección de datos da Unión Europea (UE) ou do Reino Unido (RU) se aplica ao procesamento da túa información, ofreceremos os controis descritos nesta política para que poidas exercer o teu dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición con respecto á túa información. Tamén tes dereito a opoñerte ao procesamento da túa información ou a exportala a outro servizo.

Se tes algunha pregunta ou solicitude en relación cos teus dereitos, podes poñerte en contacto con Google e coa oficina de protección de datos. Tamén podes contactar coa autoridade de protección de datos local se tes dúbidas sobre os teus dereitos conforme á lexislación local.

Responsable do tratamento de datos

A menos que se indique o contrario mediante un aviso de privacidade específico para o servizo en cuestión, o responsable do tratamento dos teus datos depende da túa localización:

  • Google Ireland Limited no caso dos usuarios dos servizos de Google que estean no Espazo Económico Europeo ou Suíza, con domicilio en Gordon House, Barrow Street, Dublín 4 (Irlanda).
  • Google LLC no caso dos usuarios dos servizos de Google que estean no Reino Unido, con domicilio en 1600 Amphitheatre Parkway, Mountain View, California 94043 (EUA).

Independentemente da túa localización, Google LLC é o responsable do tratamento dos datos indexados e mostrados en servizos como a Busca de Google e Google Maps. Google Ireland Limited é o responsable do tratamento dos datos destinados a adestrar os modelos de IA de Google para a súa implantación en servizos prestados pola devandita empresa vinculada no Espazo Económico Europeo ou Suíza.

Bases legais do tratamento

Procesamos a túa información para os fins descritos nesta política, de acordo coas seguintes bases legais:

  • Tratamos os teus datos para prestar un servizo que solicitaches conforme a un contrato.
  • Tratamos os teus datos para satisfacer os nosos intereses lexítimos e os de terceiros, á vez que aplicamos garantías adecuadas que protexen a túa privacidade.
  • Tratamos os teus datos cando é necesario para protexer os teus intereses vitais ou os doutra persoa.
  • Tratamos os teus datos cando temos a obriga legal de facelo.
  • Solicitamos o teu consentimento para tratar os teus datos con fins específicos, e tes dereito a retiralo en calquera momento.

O xeito en que uses os servizos de Google e a túa configuración de privacidade determinará cales son os datos que se tratarán, a súa finalidade e as bases legais do seu tratamento. Na táboa que aparece abaixo explícanse detalladamente os fins deste tratamento, os tipos de datos que se procesan e as bases legais correspondentes.

Por que tratamos datos e como o facemos?Que datos tratamos?Bases legais

Para ofrecer os servizos, os produtos e as funcións de Google

Exemplos de actividades de tratamento de datos:

  • Tratamos os termos que buscas para ofrecerche resultados.
  • Utilizamos o enderezo IP asignado ao teu dispositivo para enviarche os datos que solicitaches; por exemplo, para cargar un vídeo de YouTube.
  • Utilizamos identificadores únicos almacenados nas cookies do dispositivo para axudarnos a autenticarte como a persoa que debería ter acceso á túa Conta de Google.
  • As fotos e os vídeos que cargas en Google Fotos utilízanse para axudarche a crear álbums, colaxes e outras creacións que podes compartir.
  • Cando compras servizos ou produtos físicos a través dos nosos servizos, usamos o teu enderezo de envío ou as instrucións de entrega para o procesamento, a preparación e a entrega do teu pedido, así como para ofrecer asistencia en relación co produto ou servizo que compres.
  • Tratamos a túa información de pago cando compras almacenamento adicional para Google Drive.
  • Podemos usar información de contacto (como nomes e enderezos de correo electrónico) dos usuarios cos que interactúas nos produtos de Google para que sexa máis doado atopar a quen buscas cando queres compartir contido con estas persoas e comunicarte con elas noutros servizos de Google como Gmail, Fotos e o Asistente.
  • Un correo electrónico de confirmación dun voo recibido pode utilizarse para crear un botón de facturación que se mostre na túa conta de Gmail.
  • Google tamén recompila información sobre ti de fontes dispoñibles publicamente. Por exemplo, se o teu nome aparece nun xornal local, o motor de busca de Google pode indexar o artigo en cuestión e amosárllelo a outras persoas que busquen o teu nome. Se a información da túa empresa aparece nun sitio web, podemos indexala e mostrala nos servizos de Google.
  • Podemos axudarche a compartir a túa localización coa función Compartir localización desde Google para que outras persoas poidan atoparte nun mapa ou saber a túa hora de chegada aproximada.
  • Tal e como se describe na sección Compartir a túa información, compartiremos datos persoais fóra de Google cando teñamos o teu consentimento, e facilitarémosche os controis necesarios para revisar e xestionar sitios e aplicacións de terceiros aos que lles concedeses acceso aos datos da túa Conta de Google.

A información que se trate dependerá do uso que fagas dos servizos de Google e da túa configuración, pero podería incluír o seguinte:

As bases legais do tratamento desta información dependerán do uso que fagas dos servizos de Google e da túa configuración, pero poderían incluír o seguinte:

  • Para executar un contrato contigo, como cargar un vídeo de YouTube ou procesar, preparar e entregar o teu pedido cando compras servizos ou produtos físicos a través dos nosos servizos.
  • Cando sexa necesario para satisfacer os nosos intereses lexítimos e os de terceiros, o que inclúe:
    • Ofrecer, manter e mellorar os servizos para satisfacer as necesidades dos nosos usuarios. Por exemplo, usamos información de contacto (como nomes e enderezos de correo electrónico) dos usuarios cos que interactúas nos produtos de Google para que sexa máis doado atopar a quen buscas cando queres compartir contido con estas persoas e comunicarte con elas noutros servizos de Google como Gmail, Fotos e o Asistente.
  • Co teu consentimento, como cando decides compartir a túa localización coa función Compartir localización desde Google.

Para manter e mellorar os servizos, os produtos e as funcións de Google

Para manter o bo funcionamento do servizo (por exemplo, para depuralo, facer un seguimento dos problemas ou solucionalos).

Exemplos de actividades de tratamento de datos:

  • Supervisamos continuamente os nosos sistemas para detectar problemas. Se atopamos algún erro nunha función específica, a revisión da información da actividade recompilada antes de producirse o problema permítenos solucionalo con máis rapidez.
  • Rexistramos as interaccións dos usuarios cos botóns en aplicacións como Google Maps ou a Busca para poder saber se funcionan correctamente.

Para optimizar os servizos de Google e axudar a mellorar a seguranza e a fiabilidade destes, como, por exemplo, mediante a detección, a prevención e a resposta a fraudes, usos inadecuados, riscos para a seguranza e problemas técnicos que poidan danar os servizos ou os usuarios.

Exemplos de actividades de tratamento de datos:

  • Analizamos datos sobre as túas interaccións cos nosos servizos para podermos crear mellores produtos. Esta análise pode axudarnos a detectar que lles está levando demasiado tempo aos usuarios completar unha determinada tarefa, que teñen problemas para completar os pasos etc. Nese caso, podemos redeseñar esa función e mellorar o produto para todo o mundo.
  • Analizamos cales son os termos de busca que se adoitan escribir incorrectamente para podermos mellorar as funcións de corrección ortográfica que se usan nos nosos servizos.
  • Analizamos o uso do Tradutor de Google para mellorar a calidade das traducións e aumentar a dispoñibilidade deste servizo en máis idiomas.
  • Analizamos as consultas en Google Shopping co fin de determinar cales son os produtos, os comerciantes e as marcas relevantes para cada tipo de consulta.
  • A función Navegación segura de Google Chrome pode enviar información sobre sitios web sospeitosos entre o navegador do usuario e os servidores de Google como medida de protección fronte ao phishing, os anuncios e o software maliciosos etc.

A información que se trate dependerá do uso que fagas dos servizos de Google e da túa configuración, pero podería incluír o seguinte:

As bases legais do tratamento desta información dependerán do uso que fagas dos servizos de Google e da túa configuración, pero poderían incluír o seguinte:

  • Para executar un contrato contigo, como usar rexistros das interaccións coas aplicacións de Google co fin de garantir o seu bo funcionamento.
  • Cando sexa necesario para satisfacer os nosos intereses lexítimos e os de terceiros, o que inclúe:
    • Ofrecer, manter e mellorar os servizos para satisfacer as necesidades dos nosos usuarios. Por exemplo, analizamos cales son os termos de busca que se adoitan escribir incorrectamente para podermos mellorar as funcións de corrección ortográfica que se usan nos nosos servizos.
    • Entender como se utilizan os nosos servizos para garantir e mellorar o seu rendemento. Por exemplo, analizamos o uso do Tradutor de Google para mellorar a calidade das traducións e aumentar a dispoñibilidade deste servizo en máis idiomas.
    • Realizar investigacións que melloren os nosos servizos para os usuarios e que beneficien ao público. Deste xeito, podemos optimizar a calidade das traducións do Tradutor de Google e aumentar a dispoñibilidade deste servizo en máis idiomas.

Para desenvolver novos servizos, produtos e funcións de Google

Exemplos de actividades de tratamento de datos:

  • Entender como organizaban os usuarios as súas fotos en Picasa (a primeira aplicación de fotos de Google) axudounos a deseñar e lanzar Google Fotos.
  • Entender como reproducían contidos de curta duración os usuarios e como os xeraban os creadores axudounos a desenvolver novos servizos de YouTube.
  • En función da túa configuración, podemos gardar gravacións de audio das interaccións de voz con servizos como a Busca de Google, o Asistente, Maps e Gboard para desenvolver e mellorar as tecnoloxías de audio de Google.
  • Usamos información dispoñible publicamente en liña ou noutras fontes públicas para aplicala aos novos modelos de aprendizaxe automática e crear tecnoloxías esenciais para varios dos nosos produtos, como o Tradutor de Google, as aplicacións con Gemini e as opcións de IA na nube.
  • Usamos as túas interaccións con modelos e tecnoloxías de IA, como as aplicacións con Gemini, para desenvolver, adestrar, optimizar e mellorar estes modelos a fin de xestionar mellor as túas solicitudes, así como para actualizar os seus clasificadores e filtros, incluídos os relativos á seguranza, a comprensión da linguaxe e a información rigorosa.

A información que se trate dependerá do uso que fagas dos servizos de Google e da túa configuración, pero podería incluír o seguinte:

As bases legais do tratamento desta información dependerán do uso que fagas dos servizos de Google e da túa configuración, pero poderían incluír o seguinte:

  • Cando sexa necesario para satisfacer os nosos intereses lexítimos e os de terceiros, o que inclúe:
    • Desenvolver novos produtos e funcións que sexan útiles para os nosos usuarios. Por exemplo, entender como utilizaban os usuarios as fotos en Picasa (a primeira aplicación de fotos de Google) axudounos a deseñar e lanzar Google Fotos. Ou usar información que estea dispoñible publicamente en liña ou noutras fontes públicas para aplicala aos modelos de IA de Google e crear produtos e funcións con estas tecnoloxías esenciais, como o Tradutor de Google, as aplicacións con Gemini e as opcións de IA na nube.
    • Ofrecer, manter e mellorar os servizos para satisfacer as necesidades dos nosos usuarios. Por exemplo, usar información sobre a túa actividade nos nosos servizos (como as túas interaccións coas aplicacións con Gemini) para adestrar e mellorar os modelos de aprendizaxe automática, así como actualizar as súas capacidades de comprensión da linguaxe e dos clasificadores e filtros relativos á seguranza.
  • Co teu consentimento, como gardar gravacións de audio das interaccións de voz coa Busca de Google, o Asistente, Maps e Gboard para desenvolver e mellorar as tecnoloxías de audio de Google.

Para ofrecer servizos personalizados, como contido e anuncios

Para personalizar os nosos servizos, como por exemplo, ofrecendo recomendacións, contido e resultados de busca adaptados aos teus intereses.

Exemplos de actividades de tratamento de datos:

  • A función Revisión de seguranza de Google ofrece consellos de seguranza adaptados ao uso que fas dos produtos de Google.
  • Google News pode ofrecerche resultados de noticias locais en función da túa localización aproximada.
  • A Busca de Google pode ofrecerche resultados en función da túa localización aproximada.
  • O Asistente de Google pode usar os teus contactos para enviar unha mensaxe cando llo solicitas; por exemplo, "Envíalle unha mensaxe de texto a María Souto".
  • Google Play usa información (por exemplo, as aplicacións que teñas instaladas e os vídeos que reproducises en YouTube) para suxerir novas aplicacións que poderían gustarche.
  • Podemos mostrar un doodle de Google na páxina de inicio da Busca para homenaxear un evento específico do teu país.
  • Google pode mostrarche anuncios baseados no contexto do sitio que esteas visitando (por exemplo, anuncios de material de xardinaría nunha páxina de consellos sobre xardinaría).
  • Cando tes a sesión iniciada na túa Conta de Google e tes activada a opción de configuración Actividade web e das aplicacións, podes obter resultados de busca máis relevantes baseados nas buscas e na actividade que levases a cabo anteriormente noutros servizos de Google.

Dependendo da túa configuración, para mostrarche anuncios personalizados en función dos teus intereses.

Exemplos de actividades de tratamento de datos:

  • Se buscas "bicicletas de montaña" ou ves vídeos de ciclismo de montaña, é posible que se mostre un anuncio de equipamento deportivo nos resultados de busca ou en YouTube.
  • Se ves vídeos sobre pastelaría en YouTube, é posible que se mostren máis anuncios relacionados con este tema cando navegas pola Web.
  • Tamén é posible que vexas anuncios personalizados en función da información do anunciante. Se realizaches unha compra no sitio web dun anunciante, por exemplo, este poderá usar a información desa visita para mostrarche anuncios.

A información que se trate dependerá do uso que fagas dos servizos de Google e da túa configuración, pero podería incluír o seguinte:

As bases legais do tratamento desta información dependerán do uso que fagas dos servizos de Google e da túa configuración, pero poderían incluír o seguinte:

  • Para executar un contrato contigo, como cando o Asistente de Google usa os teus contactos para enviar unha mensaxe que lle pediches; por exemplo, "Envíalle unha mensaxe de texto a María Souto".
  • Cando sexa necesario para satisfacer os nosos intereses lexítimos e os de terceiros, o que inclúe:
    • Personalizar os nosos servizos para ofrecer unha mellor experiencia do usuario. Por exemplo, mostrar un doodle de Google na páxina de inicio da Busca para homenaxear un evento específico do teu país, ofrecer consellos sobre seguranza adaptados ao uso que fas dos produtos de Google ou, en caso necesario, personalizar a experiencia para que sexa adecuada á túa idade.
    • Ofrecer publicidade para poder fornecer moitos dos nosos servizos sen custo económico. Por exemplo, mostrarche anuncios baseados no contexto do sitio que esteas visitando, como poderían ser anuncios de material de xardinaría nunha páxina de consellos sobre xardinaría. (Se os anuncios son personalizados, pedimos o teu consentimento).
  • Co teu consentimento, como recomendar aplicacións en Google Play en función dos vídeos que reproducises en YouTube ou mostrarche anuncios personalizados baseados nos teus intereses (por exemplo, podes ver anuncios relacionados coa pastelaría mentres navegas pola Web despois de ver vídeos sobre ese tema en YouTube).

Para medir o rendemento: Usamos datos para crear estatísticas e medicións a fin de entender como se usan os nosos servizos.

Exemplos de actividades de tratamento de datos:

  • Analizamos datos sobre as túas visitas aos nosos sitios para determinados fins, como a optimización do deseño dos produtos.
  • Usamos datos sobre os anuncios cos que interactúas para axudarlles aos anunciantes a coñecer o rendemento das súas campañas publicitarias.
  • Usamos datos sobre os lugares nos que fan clic máis a miúdo os usuarios en Google Earth para saber cales son as funcións máis populares e identificar erros.
  • A Busca de Google mide o número de veces que se realiza unha determinada consulta, ademais de analizar a percepción dos usuarios sobre a calidade dos resultados de busca, co obxectivo de mellorar a utilidade do servizo.
  • O Tradutor de Google analiza datos sobre a cantidade de traducións realizadas e o número de veces que se indica a mala calidade dunha tradución co obxectivo de identificar posibles novas funcións e solucionar os problemas cos que se atopen os usuarios no servizo.
  • Podemos compartir información que non permita a identificación persoal cos nosos socios (por exemplo, provedores de licenzas de contido para acompañar os pagos das regalías).

A información que se trate dependerá do uso que fagas dos servizos de Google e da túa configuración, pero podería incluír o seguinte:

As bases legais do tratamento desta información dependerán do uso que fagas dos servizos de Google e da túa configuración, pero poderían incluír o seguinte:

  • Cando sexa necesario para satisfacer os nosos intereses lexítimos e os de terceiros, o que inclúe:
    • Entender como se utilizan os nosos servizos para garantir e mellorar o seu rendemento. Por exemplo, analizamos o uso do Tradutor de Google para mellorar a calidade das traducións e aumentar a dispoñibilidade deste servizo en máis idiomas.
    • Detectar, evitar ou solucionar dalgunha outra forma fraudes, usos inadecuados e incidencias técnicas ou de seguranza relacionadas cos nosos servizos. Por exemplo, supervisar os padróns de uso de Google Earth para identificar erros.
    • Ofrecer, manter e mellorar os servizos para satisfacer as necesidades dos nosos usuarios. Por exemplo, analizar o número de veces que se indica a mala calidade dunha tradución no Tradutor de Google co obxectivo de solucionar os problemas cos que se atopen os usuarios no servizo.
    • Desenvolver novos produtos e funcións que sexan útiles para os nosos usuarios. Por exemplo, analizar datos sobre a cantidade de traducións realizadas no Tradutor de Google para identificar posibles novas funcións.
    • Cumprir coas obrigas que temos cos nosos socios, como os programadores e os titulares de dereitos. Por exemplo, ofrecerlles informes aos provedores de licenzas de contido para acompañar os pagos das regalías.

Para comunicarnos contigo: Usamos a información que recompilamos (por exemplo, o teu enderezo electrónico) a fin de interactuar directamente contigo.

Exemplos de actividades de tratamento de datos:

  • Podemos enviarche unha notificación se detectamos actividade sospeitosa (por exemplo, un intento de inicio de sesión na túa Conta de Google desde unha localización que non é habitual).
  • Podemos informarte sobre próximos cambios ou melloras nos nosos servizos.
  • Se te pos en contacto con Google, gardaremos un rexistro da túa solicitude para podermos resolver máis facilmente calquera incidencia que se produza.
  • Os servizos de Google (por exemplo, Fotos) poden enviarche, en función da túa configuración, comunicacións de márketing relacionadas con ofertas de produtos, como promocións de impresión.
  • Os servizos de Google (por exemplo, YouTube Premium e YouTube Music Premium) poden enviarche notificacións sobre próximos cambios na túa subscrición.

A información que se trate dependerá do uso que fagas dos servizos de Google e da túa configuración, pero podería incluír o seguinte:

As bases legais do tratamento desta información dependerán do uso que fagas dos servizos de Google e da túa configuración, pero poderían incluír o seguinte:

  • Para executar un contrato contigo, como cando te pos en contacto con Google para solicitar asistencia ou te rexistras para recibir comunicacións sobre novidades de produtos.
  • Cando sexa necesario para satisfacer os nosos intereses lexítimos e os de terceiros, o que inclúe:
    • Ofrecer, manter e mellorar os servizos para satisfacer as necesidades dos nosos usuarios. Por exemplo, informarte acerca dos nosos servizos, como avisarte de próximos cambios ou melloras nos nosos servizos.
    • Realizar campañas de márketing para informar aos usuarios sobre os nosos servizos. Por exemplo, enviarlles un correo electrónico aos usuarios de Fotos sobre unha promoción de impresión.

Para protexer a Google, os nosos usuarios e o público

Para axudar a mellorar a seguranza e a fiabilidade dos nosos servizos, como por exemplo, mediante a detección, a prevención e a resposta a fraudes, usos inadecuados, riscos para a seguranza e problemas técnicos que poidan danar a Google, os nosos usuarios ou o público.

Exemplos de actividades de tratamento de datos:

  • Recompilamos e analizamos enderezos IP e datos de cookies para ofrecer protección contra o uso inadecuado automatizado. Este preséntase baixo diferentes formas: o envío de spam a usuarios de Gmail, o roubo de diñeiro de anunciantes ao facer clic en anuncios de forma fraudulenta ou a censura de contido ao lanzar un ataque distribuído de denegación de servizo, tamén denominado "ataque DDoS".
  • A función de Gmail Última actividade na conta pode axudarche a detectar se alguén accedeu ao teu correo electrónico sen o teu consentimento. Ademais, móstrache información acerca da actividade recente en Gmail, como os enderezos IP que accederon ao teu correo, a localización asociada e a hora e a data do acceso.
  • Analizamos o teu contido para podermos detectar usos inadecuados (por exemplo, spam, software malicioso e contido ilegal).
  • Tratamos información sobre solicitudes de retirada de contido dos nosos servizos conforme ás políticas de eliminación de contido de Google ou á lexislación aplicable a fin de avaliar cada solicitude, así como de garantir a transparencia, mellorar a responsabilidade proactiva e evitar o uso inadecuado e a fraude nestas prácticas.

Para cumprir coa lexislación, o regulamento, o proceso legal ou a solicitude gobernamental aplicables.

Exemplos de actividades de tratamento de datos:

  • Como outras compañías tecnolóxicas e de comunicacións, Google recibe frecuentemente solicitudes de gobernos e tribunais de todo o mundo para revelar datos de usuarios. O respecto pola privacidade e a seguranza dos datos que almacenas con Google é o piar sobre o que se sustenta a nosa estratexia para cumprir estas solicitudes legais. O noso equipo xurídico revisa todas as solicitudes, independentemente do tipo do que se traten e, moitas veces, non as atendemos cando semellan ser demasiado xerais ou non seguen o procedemento correcto.
  • En ocasións, as obrigas legais requiren que conservemos certa información con varias finalidades, entre elas, o mantemento de rexistros financeiros (por exemplo, información sobre os pagos que realizases a Google para fins fiscais ou de contabilidade).
  • Distintas leis e regulamentos requiren que apliquemos medidas para confirmar que os nosos usuarios teñen idade suficiente para usar os nosos servizos. Para podermos determinar a túa idade, procesamos a data de nacemento que nos facilites. Tamén tratamos información sobre a túa actividade nos nosos servizos, tanto se tes a sesión iniciada nunha Conta de Google como se a pechas, e usamos tecnoloxías de aprendizaxe automática para determinar se é probable que teñas máis de 18 anos. Nalgúns casos, se non podemos confirmar por outros medios que tes idade suficiente para usar os nosos servizos, podemos solicitar outros datos a fin de verificar a túa idade (por exemplo, o teu documento de identidade oficial, unha tarxeta de crédito, unha foto túa ou o teu número de teléfono).

A información que se trate dependerá do uso que fagas dos servizos de Google e da túa configuración, pero podería incluír o seguinte:

As bases legais do tratamento desta información dependerán do uso que fagas dos servizos de Google e da túa configuración, pero poderían incluír o seguinte:

  • Cando sexa necesario para satisfacer os nosos intereses lexítimos e os de terceiros, o que inclúe:
    • Executar reclamacións legais, entre as que se inclúen a investigación de posibles infraccións das Condicións de servizo aplicables. Por exemplo, analizar contido para podermos detectar usos inadecuados, como o spam, o software malicioso e o contido ilegal.
    • Detectar, evitar ou solucionar dalgunha outra forma fraudes, usos inadecuados e incidencias técnicas ou de seguranza relacionadas cos nosos servizos. Por exemplo, recompilar e analizar enderezos IP e datos de cookies para ofrecer protección contra usos inadecuados automatizados.
    • Protexer os dereitos, a propiedade ou a seguranza de Google, dos nosos usuarios ou do público en xeral, ademais de revelar información ás autoridades gobernamentais. Por exemplo, actuar en resposta a un proceso legal ou a solicitudes de obrigado cumprimento por parte de Gobernos ou tribunais para revelar datos despois de revisar detidamente cada solicitude, a fin de garantir o cumprimento da lexislación aplicable.
    • Realizar investigacións que melloren os nosos servizos para os usuarios e que beneficien ao público. Por exemplo, procesar información sobre solicitudes de eliminación de contido dos nosos servizos para educar o público, facilitar a investigación e ofrecer transparencia acerca destas solicitudes.
  • Cando é necesario para protexer os teus intereses vitais ou os doutra persoa. Por exemplo, tratar datos para detectar e combater o abuso sexual infantil en liña.
  • Cando temos a obriga legal de facelo, como conservar determinada información para fins relacionados, por exemplo, co mantemento de rexistros financeiros, ou tratar e gardar datos para asegurármonos de que os usuarios teñen idade suficiente para usar os nosos servizos.

Vinculación dos servizos de Google

Se resides na UE, ofrecémosche a posibilidade de manter vinculados certos servizos de Google. Podes obter máis información acerca dos servizos vinculados e a maneira de xestionar as túas preferencias no artigo sobre a Lei de mercados dixitais e os servizos vinculados.

Acerca desta política

Cando é aplicable esta política

Esta Política de privacidade aplícase a todos os servizos que prestan Google LLC e as empresas vinculadas, incluídos YouTube, Android e os servizos ofrecidos en sitios de terceiros, como os servizos de publicidade. Esta Política de privacidade non se aplica aos servizos que teñan políticas de privacidade independentes que non incorporen esta Política de privacidade.

Esta política de privacidade non se aplica a:

  • As prácticas de información doutras empresas e organizacións que anuncian os nosos servizos.
  • Os servizos ofrecidos por outras empresas ou particulares, incluídos os produtos ou sitios que ofrecen e que poidan conter servizos de Google aos que se aplica a política, ou produtos ou sitios que se mostran ao usuario nos resultados de busca, ou aos que se accede a través dunha ligazón desde os nosos servizos.

Cambios nesta política

Google cambia esta Política de privacidade de cando en vez. Non limitaremos os teus dereitos en virtude desta Política de privacidade sen o teu consentimento explícito. Sempre indicaremos a data de publicación dos últimos cambios e ofrecerémosche acceso a versións arquivadas para que as consultes. Se os cambios son significativos, enviaremos un aviso máis destacado, por exemplo, unha notificación por correo electrónico se a modificación da Política de privacidade afecta a determinados servizos.

Prácticas relacionadas coa privacidade

Servizos específicos de Google

Os seguintes avisos de privacidade proporcionan información adicional sobre algúns servizos de Google:

Se formas parte dunha organización na que se faga uso de Google Workspace ou de Google Cloud Platform e queres saber como se recompila e se utiliza a túa información persoal nestes servizos, consulta o aviso de privacidade de Google Cloud.

Outros recursos útiles

As seguintes ligazóns destacan recursos útiles para que obteñas máis información acerca das nosas prácticas e configuracións de privacidade.

Termos clave

Algoritmo

Proceso ou conxunto de normas seguido por un ordenador durante as operacións de resolución de problemas.

Almacenamento web do navegador

O almacenamento web do navegador permite aos sitios web almacenar datos no navegador dun dispositivo. Cando se utiliza en modo de almacenamento local, permite o almacenamento dos datos das diferentes sesións. Deste modo pódense recuperar os datos incluso despois de pechar e volver abrir o navegador. Unha tecnoloxía que facilita o almacenamento web é HTML 5.

Caché de datos de aplicacións

A caché de datos dunha aplicación é un repositorio de datos dun dispositivo. Por exemplo, pode permitir a unha aplicación web executarse sen dispoñer de conexión a Internet e mellorar o rendemento da aplicación permitindo a carga de contidos máis rápida.

Conta de Google

Os usuarios poden acceder a algúns dos nosos servizos rexistrándose para obter unha conta de Google e proporcionándonos información persoal (normalmente, o seu enderezo de correo electrónico e un contrasinal). Esta información da conta utilizarase para autenticar a identidade dos usuarios cando accedan aos servizos de Google e para protexer a súa conta contra o acceso non autorizado por parte doutras persoas. Podes editar ou eliminar a conta en calquera momento a través da configuración da túa conta de Google.

Cookies

Unha cookie é un pequeno ficheiro que contén unha cadea de caracteres que se envía ao teu ordenador cando visitas un sitio web. Cando volvas visitar o sitio, a cookie permitiralle recoñecer o teu navegador. As cookies poden almacenar as preferencias do usuario e outro tipo de información. Podes configurar o teu navegador para rexeitar todas as cookies ou para indicar cando se está enviando unha cookie. Con todo, é posible que algunhas funcións ou servizos do sitio web non funcionen correctamente sen as cookies. Máis información acerca de como utiliza Google as cookies e os datos, incluídas as cookies, cando usas os sitios ou aplicacións dos nosos socios.

Dispositivo

Un dispositivo é un ordenador que se pode utilizar para acceder a servizos de Google. Por exemplo, os ordenadores de escritorio, as tabletas, os altofalantes intelixentes e os smartphones considéranse dispositivos.

Empresas vinculadas

Unha empresa vinculada é unha entidade que pertence ao grupo de empresas de Google, incluídas as seguintes que fornecen servizos ao consumidor na UE: Google Ireland Limited, Google Commerce Ltd, Google Payment Corp e Google Dialer Inc. Obtén máis información acerca das empresas que ofrecen servizos empresariais na UE.

Enderezo IP

Todos os dispositivos conectados a Internet teñen asignado un número coñecido como o enderezo de protocolo de Internet (IP). Estes números asígnanse habitualmente en bloques xeográficos. Un enderezo IP pódese utilizar para identificar a localización desde a que se conecta un dispositivo a Internet. Consulta Como utiliza Google a información de localización?

Etiqueta de pixeles

Unha etiqueta de píxeles é un tipo de tecnoloxía inserida nun sitio web ou no corpo dun correo electrónico co fin de realizar un seguimento de determinada actividade, como as visitas a un sitio web ou cando se abre un correo electrónico. Polo xeral, úsanse xunto coas cookies.

Identificadores únicos

Un identificador único é unha cadea de caracteres que se pode usar para identificar de maneira exclusiva un navegador, unha aplicación ou un dispositivo. Os identificadores diferentes varían dependendo do seu grao de permanencia, de se os usuarios os poden restablecer e do xeito en que se accede a eles.

Os identificadores únicos pódense utilizar para distintos fins, entre os que se inclúen a seguranza e a detección de fraudes, a sincronización de servizos como a caixa de entrada do correo electrónico, lembrar as preferencias do usuario e proporcionar publicidade relevante. Por exemplo, os identificadores únicos almacenados nas cookies axudan aos sitios a mostrar contidos no teu navegador no teu idioma preferido. Podes configurar o teu navegador para rexeitar todas as cookies ou para indicar cando se está enviando unha cookie. Máis información acerca de como utiliza Google as cookies.

Noutras plataformas diferentes dos navegadores, os identificadores únicos utilízanse para recoñecer un dispositivo ou unha aplicación específicos dese dispositivo. Por exemplo, un identificador único como o código de identificación de publicidade úsase para fornecer publicidade relevante en dispositivos Android e pode xestionarse na configuración do teu dispositivo. Os identificadores únicos (ás veces chamados UUID ou códigos de identificación universalmente únicos) tamén pode incorporalos nun dispositivo o fabricante, como é o caso do número IMEI dun teléfono móbil. Por exemplo, o identificador único dun dispositivo pode usarse para personalizar o noso servizo no teu dispositivo ou para analizar calquera problema do dispositivo relacionado cos nosos servizos.

Información persoal

Esta é a información que ofrecen os usuarios e que os identifica persoalmente, como o nome, o enderezo de correo electrónico ou a información de facturación, ou calquera outro dato que Google poida relacionar razoablemente con esa información de Google, por exemplo, os datos que asociamos á túa conta de Google.

Información persoal confidencial

Esta é unha categoría particular de información persoal relacionada con temas como datos médicos confidenciais, información sobre a orixe étnica ou racial, crenzas relixiosas, ideoloxías políticas ou sexualidade.

Información que non permite a identificación persoal

Trátase de información sobre os usuarios que se rexistra de xeito que non reflicta un usuario que se poida identificar individualmente nin faga referencia a el.

Rexistros de servidor

Igual que ocorre coa maioría dos sitios web, os nosos servidores rexistran automaticamente as solicitudes de páxinas que se realizan cando se visitan os nosos sitios. Estes “rexistros de servidor” normalmente inclúen a solicitude web do usuario, o enderezo IP, o tipo de navegador, o idioma do navegador, a data e a hora da solicitude e unha ou máis cookies que poden identificar o seu navegador de forma exclusiva.

A continuación amosamos un exemplo dunha entrada típica dun rexistro que corresponde a unha busca de "coches":

123.45.67.89 - 25/Mar/2003 10:15:32 -
http://www.google.com/search?q=cars -
Chrome 112; OS X 10.15.7 -
740674ce2123e969
  • 123.45.67.89 é o enderezo do protocolo de Internet asignado ao usuario polo seu ISP. En función do servizo do usuario, o fornecedor de servizo pódelle asignar ao usuario un enderezo diferente cada vez que se conecte a Internet.
  • 25/Mar/2003 10:15:32 é a data e a hora da consulta.
  • http://www.google.com/search?q=cars é o URL solicitado, incluída a consulta de busca.
  • Chrome 112; OS X 10.15.7 son o navegador e o sistema operativo utilizados.
  • 740674ce2123a969 é o código de identificación de cookies exclusivo que se asignou a ese ordenador concreto a primeira vez que visitou Google. (Os usuarios poden eliminar as cookies. Se o usuario eliminou a cookie do ordenador desde a última vez que visitou Google, será o código de identificación de cookies exclusivo asignado ao dispositivo a próxima vez que visite Google desde ese dispositivo en concreto).

URL do referenciador

O Identificador Uniforme de Recursos (URL polas súas siglas en inglés) do referenciador é información transmitida a unha páxina web de destino por parte dun navegador web, normalmente cando fas clic nunha ligazón para acceder a esa páxina web. O URL do referenciador contén o URL da última páxina web visitada polo navegador.

Contexto adicional

a túa actividade noutros sitios e aplicacións

Esta actividade pode proceder do uso que fas dos servizos de Google: a sincronización da túa conta con Chrome, as visitas que fas a sitios e aplicacións que se asocian con Google, etc. Moitos sitios web e aplicacións asócianse con Google para mellorar o seu contido e servizos. Por exemplo, un sitio pode utilizar os nosos servizos de publicidade (como AdSense) ou ferramentas de análise (como Google Analytics), ou pode incorporar outros contidos (como vídeos de YouTube). É posible que estes servizos compartan información sobre a túa actividade con Google e, dependendo da configuración da túa conta e dos produtos que utilices (por exemplo, cando un socio usa Google Analytics xunto cos nosos servizos de publicidade), estes datos pódense asociar coa túa información persoal.

Máis información acerca de como utiliza Google os datos cando usas sitios ou aplicacións dos nosos socios.

actividade en sitios e aplicacións de terceiros que utilizan os nosos servizos

Os sitios web e as aplicacións que teñen integrados servizos de Google, como produtos publicitarios e estatísticos, comparten información connosco.

Esta información recompílase independentemente do navegador e do modo de navegación que utilices. Por exemplo, aínda que o modo de incógnito de Chrome pode axudarche a manter a túa actividade de navegación en privado para que as demais persoas que usan o dispositivo non poidan vela, os sitios e as aplicacións de terceiros que teñen integrados os nosos servizos poden compartir información con Google cando accedes a eles.

Podes obter máis información sobre algunhas das maneiras en que podes controlar a información que se comparte cando visitas sitios e aplicacións que usan os servizos de Google ou cando interactúas con ese tipo de plataformas.

Actividade nos servizos de Google

Se tes a sesión iniciada na túa Conta de Google e tes activada a opción de configuración Actividade web e das aplicacións, os datos da túa actividade nos sitios, aplicacións e servizos de Google pódense gardar nese axuste da túa conta. Parte da actividade pode incluír información sobre a zona xeral na que te atopabas ao usar o servizo de Google en cuestión. Ao usar unha zona xeral para buscar algo, utilizarase unha superficie que mida polo menos 3 km² ou ampliarase ata que a zona represente as localizacións de 1000 persoas como mínimo. Deste xeito, protéxese a túa privacidade.

Nalgúns casos, as zonas desde as que fixeches buscas anteriormente poden usarse para estimar unha localización relevante para a túa busca. Por exemplo, se estás en Ourense e buscas churrascarías, Google podería mostrarche resultados de Ourense en futuras buscas.

Podes ver e controlar a información da opción de configuración Actividade web e das aplicacións en A miña Actividade.

anuncios personalizados

Tamén é posible que vexas anuncios personalizados en función da información do anunciante. Se realizaches unha compra no sitio web dun anunciante, por exemplo, este poderá usar a información desa visita para mostrarche anuncios. Máis información

As visualizacións e interaccións con contido e anuncios

Por exemplo, recompilamos información sobre as visualizacións e as interaccións cos anuncios para poder ofrecer aos anunciantes informes agregados nos que se lles indique se publicamos o seu anuncio nunha páxina determinada e se hai posibilidades de que o vexan os espectadores. Tamén podemos medir outras interaccións: como moves o rato sobre un anuncio, se interactúas coa páxina na que este último aparece, etc.

beneficien ao público

Por exemplo, procesamos información sobre solicitudes de eliminación de contido dos nosos servizos para educar ao público, facilitar a investigación e ofrecer transparencia acerca destas solicitudes.

cancelación

Por exemplo, tal e como se describiu anteriormente, podes solicitar a eliminación de contido de determinados servizos de Google (por exemplo, contido que inclúa a túa información) de acordo coa lei aplicable, como a lei de protección de datos, e as nosas políticas.

categorías sensibles

Ao mostrarche anuncios personalizados, utilizamos temas que pensamos que poden ser do teu interese baseándonos na túa actividade. Por exemplo, é posible que vexas anuncios de cousas como "Cociña e receitas" ou "Viaxes en avión". Non utilizamos temas nin mostramos anuncios personalizados baseados en categorías sensibles como a raza, a relixión, a orientación sexual ou a saúde, e esiximos o mesmo dos anunciantes que utilizan os nosos servizos.

detectar usos inadecuados

Se detectamos nos nosos sistemas spam, software malicioso, contido ilegal (como material relacionado coa explotación e o abuso sexual infantil) ou outras formas de uso inadecuado que infrinxan as nosas políticas, podemos desactivar a túa conta ou ben levar a cabo outras accións necesarias. En determinadas circunstancias, tamén podemos informar da infracción ás autoridades competentes.

dispositivo Android con aplicacións de Google

Entre os dispositivos Android con aplicacións de Google inclúense os dispositivos vendidos por Google ou un dos nosos socios, como os teléfonos, as cámaras, os vehículos, os dispositivos que se poden levar postos e as televisións. Estes usan os Servizos de Google Play e outras aplicacións preinstaladas, entre as que se inclúen Gmail, Maps, a cámara e o marcador do teléfono, a síntese de voz, a entrada do teclado e as funcións de seguranza. Máis información sobre os servizos de Google Play.

dispositivos

Por exemplo, podemos usar información dos teus dispositivos para axudarche a decidir que dispositivo usar ao instalar unha aplicación ou ver unha película que compraches en Google Play. Ademais, utilizamos estes datos para protexer a túa conta.

facer melloras

Por exemplo, utilizamos cookies para analizar como interactúan os usuarios cos nosos servizos. Esta análise pode axudarnos a crear produtos mellores, pois permítenos detectar que lles está levando demasiado tempo aos usuarios completar unha determinada tarefa, que teñen problemas para completar os pasos, etc. Nese caso, podemos redeseñar esa función e mellorar o produto para todo o mundo.

fontes ás que se pode acceder publicamente

Por exemplo, podemos recompilar información que estea dispoñible publicamente en liña ou noutras fontes públicas para aplicala aos modelos de IA de Google e crear produtos e funcións como o Tradutor de Google, as aplicacións con Gemini e as opcións de IA na nube. Se a información da túa empresa aparece nun sitio web, podemos indexala e mostrala nos servizos de Google.

fornecemento dos nosos servizos

A continuación ofrécense exemplos de como usamos a túa información para ofrecer os nosos servizos:

  • Utilizamos o enderezo IP asignado ao teu dispositivo para enviarche os datos que solicitaches, por exemplo, para cargar un vídeo de YouTube.
  • Utilizamos identificadores únicos almacenados nas cookies do dispositivo para axudarnos a autenticarte como a persoa que debería ter acceso á túa conta de Google.
  • As fotos e os vídeos que cargas en Google Fotos utilízanse para axudarche a crear álbums, colaxes e outras creacións que podes compartir. Máis información
  • Un correo electrónico de confirmación dun voo recibido pode utilizarse para crear un botón de facturación que se mostre na túa conta de Gmail.
  • Cando compras servizos ou produtos físicos a través dos nosos servizos, podes indicarnos información, como o teu enderezo de envío ou as instrucións de entrega. Utilizamos estes datos para o procesamento, a preparación e a entrega do teu pedido, así como para ofrecer asistencia en relación co produto ou servizo que compres.

garantir e mellorar

Por exemplo, analizamos como interactúan os usuarios coa publicidade para mellorar o rendemento dos nosos anuncios.

garantir que os nosos servizos funcionen do xeito previsto

Por exemplo, Google supervisa continuamente os seus sistemas para detectar problemas. Se atopamos algún erro nunha función específica, a revisión da información da actividade recompilada antes de producirse o problema permítenos solucionalo con máis rapidez.

información de pago

Por exemplo, se engades unha tarxeta de crédito ou outro método de pago á túa conta de Google, podes usalo para realizar compras nos nosos servizos, como aplicacións en Play Store. Tamén podemos solicitar outra información, como un número de identificación fiscal de empresa, para procesar o pago. Nalgúns casos tamén necesitaremos verificar a túa identidade e pedirémosche a información que nos faga falta.

Tamén podemos utilizar a información de pago para verificar que cumpres os requisitos de idade se, por exemplo, introduces unha data de nacemento incorrecta que indica que non tes idade suficiente para contar cunha conta de Google. Máis información

información sobre cousas situadas preto do teu dispositivo

Se utilizas os servizos de localización de Google en Android, poderemos mellorar o rendemento das aplicacións que dependen da túa localización, como Google Maps. Se usas os servizos mencionados, o dispositivo envía información a Google acerca da súa localización, dos sensores (como o acelerómetro), das antenas de telefonía móbil e dos puntos de acceso wifi próximos (como o enderezo MAC e a intensidade do sinal). Todos estes factores axudan a determinar a túa localización. Podes utilizar a configuración do teu dispositivo para activar os servizos de localización de Google. Máis información

Lugares que etiquetas, como a casa e o traballo

Podes gardar na túa Conta de Google lugares que sexan importantes para ti, como a túa casa ou o teu traballo. Se defines os teus enderezos da casa ou do traballo, pódense usar para axudar a que fagas cousas máis facilmente, como obter indicacións ou atopar resultados máis próximos a eses dous lugares, e para mostrarche anuncios máis útiles.

Podes editar ou eliminar os enderezos particular e do traballo cando queiras desde a túa Conta de Google.

Cando moitos usuarios comezan a buscar algo, isto pode proporcionar información útil sobre determinadas tendencias nese momento. Tendencias de Google analiza as buscas web de Google para determinar a súa popularidade nun período de tempo concreto e publica os resultados como datos conxuntos. Máis información

número de teléfono

Se engades o teu número de teléfono á túa conta, pódese utilizar para diferentes fins nos servizos de Google (dependendo da configuración que teñas establecida). Por exemplo, pódese usar para axudarche a acceder á túa conta se esqueces o contrasinal, para axudar a outras persoas a atoparte e a conectar contigo, e para facer que os anuncios que ves sexan máis relevantes. Máis información

o público

Por exemplo, procesamos información sobre solicitudes de eliminación de contido dos nosos servizos conforme ás políticas de eliminación de contido de Google ou á lexislación aplicable a fin de avaliar cada solicitude, así como garantir a transparencia, mellorar a responsabilidade proactiva e evitar o uso inadecuado e a fraude nestas prácticas.

os anuncios que che poden resultar máis útiles

Por exemplo, se reproduces vídeos sobre pastelería en YouTube, pódense mostrar máis anuncios relacionados con este tema cando navegues pola web. Tamén podemos utilizar o enderezo IP para determinar a túa localización aproximada, de tal modo que se buscas "pizza", podemos mostrarche anuncios dun servizo de envío de pizza a domicilio próximo. Máis información sobre os anuncios de Google e sobre por que ves anuncios concretos.

Os datos de voz e de audio

Por exemplo, podes escoller se queres que Google garde unha gravación de audio na túa Conta de Google cando interactúes coa Busca de Google, o Asistente e Maps. Cando o teu dispositivo detecta un comando de activación de audio, como “Hey Google”, Google grava a túa voz e audio mais uns segundos anteriores á activación. Máis información

Os datos do sensor do dispositivo

É posible que o dispositivo teña sensores que se poden usar para comprender mellor a túa localización e os teus movementos. Por exemplo, pódese utilizar un acelerómetro para determinar a túa velocidade e un xiroscopio para descubrir a onde te dirixes. Consulta Como utiliza Google a información de localización?

os nosos usuarios

Por exemplo, para evitar o uso inadecuado e aumentar a transparencia e a responsabilidade proactiva sobre as nosas prácticas de moderación de contidos en liña, Google comparte datos relativos ás solicitudes de eliminación de contido dos nosos servizos con Lumen, que recompila e analiza estas solicitudes para facilitar a investigación a fin de axudar aos usuarios de Internet a comprender os seus dereitos. Máis información.

os usuarios que máis che importan en liña

Por exemplo, cando escribas un enderezo no campo Para, Cc ou Cco dunha mensaxe de correo electrónico que esteas redactando, Gmail suxerirá enderezos en función das persoas coas que contactas con maior frecuencia.

outros datos similares relativos á túa saúde mental ou física

Se usas algún dos produtos ou aplicacións de actividade física que ofrecemos, como Fitbit, Pixel Watch, Nest ou Google Fit, recompilamos os datos que facilitas (por exemplo, a túa altura e o teu peso). Tamén recompilamos información destas aplicacións e dispositivos, como os teus padróns de sono, a túa frecuencia cardíaca, a túa temperatura cutánea, as calorías que queimaches e a cantidade de pasos que deches.

Personalización dos nosos servizos

Por exemplo, podemos mostrar un doodle de Google na páxina de inicio da Busca para celebrar un evento específico do teu país.

Google Analytics utiliza cookies propias, o cal significa que estas as define o cliente de Google Analytics. Mediante os nosos sistemas, os datos xerados a través de Google Analytics poden vincularse, a través de Google e o cliente de Google Analytics, a cookies de terceiros relacionadas con visitas a outros sitios web, por exemplo, cando un anunciante quere usar os seus datos de Google Analytics para crear anuncios máis relevantes ou para analizar con máis detalles o seu tráfico. Máis información

Como outras compañías tecnolóxicas e de comunicacións, Google recibe frecuentemente solicitudes de gobernos e tribunais de todo o mundo para revelar datos de usuarios. O respecto pola privacidade e a seguranza dos datos que almacenas con Google é o piar sobre o que se sustenta a nosa estratexia para cumprir estas solicitudes legais. O noso equipo xurídico revisa todas as solicitudes, independentemente do tipo do que se traten e, moitas veces, non as atendemos cando semellan ser demasiado xerais ou non seguen o procedemento correcto. Obtén máis información no noso Informe de transparencia.

protección contra abusos

Por exemplo, a información sobre as ameazas contra a seguranza pode axudarnos a enviarche unha notificación se cremos que a túa conta foi obxecto dun uso fraudulento (momento no que poderemos axudarche a tomar as medidas necesarias para protexela).

proteccións adecuadas

Por exemplo, podemos facer que os datos sexan anónimos ou encriptalos para garantir que non se poidan vincular con outra información sobre ti. Máis información

responsable do tratamento dos teus datos

Refírese ao afiliado de Google responsable de tratar os teus datos e de cumprir a lexislación aplicable en materia de privacidade.

Por exemplo, cando teñas iniciada sesión na túa conta de Google e teñas o control Actividade web e das aplicacións activado, obterás resultados de busca máis relevantes baseados nas buscas e na actividade que realizaches anteriormente noutros servizos de Google. Podes consultar máis información aquí. Tamén podes conseguir resultados de busca personalizados aínda que teñas a sesión pechada. Se non queres dispoñer deste nivel de personalización da busca, podes facer buscas e navegar de forma privada ou desactivar a personalización das buscas coa sesión pechada.

se asocian con Google

Existen máis de 2 millóns de sitios web e aplicacións alleos a Google que se asocian con Google para mostrar anuncios. Máis información

seguranza e fiabilidade

A continuación facilítanse algúns exemplos de como usamos a túa información para axudar a manter a seguranza e fiabilidade dos nosos servizos:

  • Recompilando e analizando enderezos IP e datos de cookies para ofrecer protección contra o uso inadecuado automatizado. Este uso inadecuado presenta diferentes formas, como o envío de spam a usuarios de Gmail, o roubo de diñeiro de anunciantes ao facer clic en anuncios de forma fraudulenta ou a censura de contido ao lanzar un ataque distribuído de denegación de servizo.
  • A función de Gmail Última actividade na conta pode axudarche a detectar se alguén accedeu ao teu correo electrónico sen o teu consentimento. Ademais, móstrache información acerca da actividade recente en Gmail, como os enderezos IP que accederon ao teu correo, a localización asociada e a hora e a data do acceso. Máis información

servidores por todo o mundo

Por exemplo, xestionamos centros de datos localizados por todo o mundo para que os nosos produtos estean dispoñibles continuamente para os usuarios.

servizos de publicidade e investigación no seu nome

Por exemplo, os comerciantes poden cargar datos dos seus programas de tarxetas de fidelidade para que poidan incluír información de fidelización nos resultados de busca ou de compras, ou ben entender mellor o rendemento das súas campañas publicitarias. Google só ofrece aos anunciantes informes agregados nos que non se revela información sobre persoas particulares.

servizos específicos de Google

Por exemplo, podes eliminar o teu blog de Blogger ou dun sitio de Google da túa propiedade de Google Sites. Tamén podes borrar recensións que realizases en aplicacións, xogos e outros contidos de Play Store.

servizos para facer e recibir chamadas ou enviar e recibir mensaxes

Entre estes servizos inclúense os seguintes:

  • Google Voice, para facer e recibir chamadas, enviar mensaxes de texto e xestionar o correo de voz
  • Google Meet, para facer e recibir videochamadas
  • Gmail, para enviar e recibir correos electrónicos
  • Google Chat, para enviar e recibir mensaxes
  • Google Duo, para facer e recibir videochamadas, e para enviar e recibir mensaxes
  • Google Fi, para usar un plan de telefonía

sincronizaches coa túa conta de Google

O historial de navegación de Chrome só se gardará na túa conta se activaches a sincronización de Chrome coa túa conta de Google. Máis información

socios específicos

Por exemplo, permitimos que os creadores e os anunciantes de YouTube traballen con compañías de medición para obter información sobre o público que teñen os seus vídeos ou anuncios de YouTube utilizando cookies ou tecnoloxías similares. Outro exemplo son os comerciantes das nosas páxinas de compras: utilizan cookies para obter información acerca do número de usuarios diferentes que consultan as súas listas de produtos. Obtén máis información sobre estes socios e sobre como utilizan a túa información.

terceiros

Por exemplo, procesamos a túa información para ofrecer informes coas estatísticas de uso aos titulares dos dereitos sobre como se utilizou o seu contido nos nosos servizos. Tamén podemos procesar a túa información se outros usuarios buscan o teu nome e mostramos resultados de busca de sitios que conteñen información dispoñible publicamente sobre ti.

usar a información que recompilamos a través dos nosos servizos

A continuación indícanse exemplos de como usamos a información que recompilamos a través dos nosos servizos, se ben todo dependerá da configuración que teñas definida en cada momento:

  • Se inicias sesión na túa conta de Google e realizas buscas en Google, podes ver os resultados de busca da web pública, xunto con información relevante dos contidos que tes noutros produtos de Google, como Gmail ou Google Calendar. Estes datos poden incluír o estado dos teus próximos voos, as reservas en restaurantes e hoteis ou as túas fotos. Máis información
  • Se te comunicaches con alguén a través de Gmail e queres engadilo a un documento de Google ou a un evento de Google Calendar, Google facilita esta tarefa completando automaticamente o seu enderezo de correo electrónico cando comezas a escribir o seu nome. Con esta función é máis fácil compartir contido coas persoas que coñeces. Máis información
  • A aplicación Google pode usar os datos que almacenaches noutros produtos de Google para mostrarche contidos personalizados dependendo da túa configuración. Por exemplo, se tes buscas almacenadas na túa Actividade web e das aplicacións, a aplicación Google pode amosarche artigos de noticias e outra información sobre os teus intereses, como resultados deportivos, baseándose na túa actividade.
  • Se conectas a túa Conta de Google a Google Home, podes xestionar a túa información e facer tarefas a través do Asistente de Google. Por exemplo, podes engadir eventos a Google Calendar ou consultar como tes programado o día, solicitar actualizacións de estado do teu próximo voo ou enviar información ao teléfono (como indicacións para chegar en coche). Máis información
  • Se resides na UE, as decisións que tomes con respecto á vinculación dos servizos influirán na maneira en que algúns servizos de Google poden usar os datos nos nosos servizos.

utilizan cookies para funcionar correctamente

Por exemplo, utilizamos unha cookie denominada "lbcs" que permite abrir varios documentos de Documentos de Google nun navegador. O bloqueo desta cookie impediría que Documentos de Google funcionase do xeito esperado. Máis información

Aplicacións de Google
Menú principal