Permanece alerta fronte ás prácticas abusivas e estafas
Desconfía das persoas que te visiten ou contacten contigo e que se presenten como empregadas de Google para ofrecerche varios tipos de asistencia e actualizacións de datos ou de imaxes de todo tipo. Queremos deixar claro que as empresas coas que colaboramos non están autorizadas a falar en nome de Google e teñen a obriga de presentarse como contratistas independentes.
Recomendamos que ignores calquera persoa que contacte contigo e se presente directamente en nome de Google polo motivo que sexa; referímonos a casos como os que se mencionan a continuación:
- Oferta de servizos ou formación en nome de Google, métricas, medios dixitais, informes sobre tendencias dixitais ou sobre novas plataformas dixitais ou tendencias do mercado, consellos sobre medios etc.
- Promesas que son incompatibles co funcionamento habitual dos servizos de Google, como garantir un espazo publicitario destacado na Busca, en Google Street View ou en Google Maps;
- Recibes presións como parte contratante mediante chamadas de telemárketing continuas ou ameázante con quitar contido das plataformas de Google.
Cómpre sinalar que Google non ten fotógrafos nin axencias no seu cadro de persoal, senón que só proporciona unha lista de profesionais de confianza (profesionais coa insignia do programa Trusted de Street View) que poden usar elementos do programa Trusted para accións de márketing. Estes profesionais forman parte de entidades independentes e todas as negociacións lévanse a cabo sen que Google participe ou interfira nelas. Os profesionais deben cumprir a política de fotógrafos de confianza de Street View.
Permanece alerta! Os profesionais de confianza de Street View non poden:
- Presentarse como empregados de Google nin ofrecer servizos en nome de Google;
- Inserir a marca de Google, como a icona, a insignia ou o logotipo de Street View nos seus vehículos;
- Inserir as marcas de Google, Google Maps ou Street View, a insignia do programa Trusted ou calquera outra marca rexistrada de Google nin nada semellante no nome de dominio;
- Prometer un espazo publicitario destacado en Google Street View ou Google Maps;
- Insistirlle a un anunciante para que se rexistre ou para que siga usando os servizos da súa axencia;
- Ofrecer cupóns de Google Ads a cambio de pagos;
- Asociar o servizo que prestan a calquera outra actividade non profesional que supoña imparcialidade, como publicar unha recensión como Local Guide;
- Usar a insignia de confianza para ofrecer distintos servizos poñendo o programa como escusa. Por exemplo: instalar equipos para medir as visitas a tendas (balizas) ou calquera outra ferramenta que sirva para medir o rendemento das campañas, impartir formación sobre medios dixitais a equipos, proporcionar informes sobre tendencias dixitais ou sobre novas plataformas dixitais ou tendencias do mercado, dar consellos sobre medios, ofrecer proxectos piloto etc.
Os profesionais do programa Trusted de Street View poden:
- Cobrar unha tarifa polos servizos que ofrecen;
- Mostrar a súa marca e logotipo no coche de empresa;
- Utiliza a insignia do programa Trusted no seu perfil de empresa;
- Usar a insignia do programa Trusted e os elementos de construción de marca en sitios web, presentacións, roupa con publicidade da empresa e en materiais de venda impresos.
A través deste formulario, podes informar de calquera problema cun fotógrafo de confianza que teña a certificación de Street View.
A seguridade dos nosos usuarios é moi importante para nós. Por este motivo, restrinximos o uso das marcas e plataformas de Google. Ningunha entidade ten autorización para:
- Usar a marca de Google, como a icona, o selo ou o logotipo de Street View nos seus vehículos de empresa;
- Usar as marcas de Google, Google Maps e Street View, a insignia de profesional de confianza, ou outras marcas rexistradas de Google nin nada semellante no seu nome de dominio;
- Usar as marcas de Google, Google Maps e Street View ou outras marcas rexistradas de Google nin nada semellante en prendas de roupa (uniformes etc.);
- Usar as marcas de Google, Google Maps e Street View ou outras marcas rexistradas de Google nin nada semellante no seu perfil de empresa en Google;
- Usar calquera marca rexistrada de Google ou a insignia do programa Trusted de forma que se dea a entender que Google recomenda un produto ou servizo específico.