Google axúdache a descubrir o mundo que te rodea. As imaxes das nosas plataformas están deseñadas para mellorar a túa experiencia axudándoche a realizar unha vista previa e explorar lugares que tanto poden estar preto de ti como polo mundo adiante. Esforzámonos ao máximo para asegurarnos de que as imaxes sexan útiles e reflictan o mundo que exploran os nosos usuarios.

As imaxes de Street View poden ser achegadas por Google ou colaboradores externos. Podes identificar a súa procedencia mediante o nome de atribución ou a icona presentada con cada imaxe. As imaxes capturadas por un colaborador externo e publicadas en Google Maps son propiedade do colaborador ou do seu sucesor asignado.

Nesta páxina especifícase a Política de imaxes de Street View achegadas por Google. Para obter información sobre as imaxes de Street View achegadas polos usuarios, consulta a nosa Política de Maps sobre contido achegado polos usuarios.

Política de imaxes de Street View
achegadas por Google

Para garantir que todos os que vexan as imaxes de Street View teñan unha experiencia positiva e beneficiosa, creamos esta Política de imaxes de Street View achegadas por Google. Nela explícase como tratamos o contido inadecuado e os criterios que usamos para publicar as imaxes de Street View en Google Maps. Consulta esta páxina de vez en cando, xa que podemos actualizar ocasionalmente a nosa política.

As imaxes de Street View non se amosan en tempo real

As imaxes de Street View só mostran o que puideron ver as nosas cámaras o día que pasaron pola zona. Despois, fan falta varios meses para procesalas. Isto quere dicir que o contido que ves podería ter unha antigüidade de entre uns poucos meses e algúns anos. Nalgunhas localizacións nas que recompilamos imaxes durante varios anos, tamén poderás ver os cambios efectuados nesas imaxes coa nosa función Máquina do tempo .

Desenfoque

Google segue unha serie de pasos para protexer a privacidade das persoas cando se publican imaxes de Street View en Google Maps.

Desenvolvemos unha tecnoloxía avanzada de desenfoque, deseñada para desenfocar as caras e matrículas das imaxes de Street View achegadas por Google. Se cres que a túa cara ou matrícula requiren un maior desenfoque, ou se queres que desenfoquemos por completo a túa casa, o teu coche ou o teu corpo, envía unha solicitude mediante a ferramenta Informar dun problema.

Contido inadecuado

Podes informar de contido inadecuado a través da ligazón Informar dun problema. Consideramos que as seguintes categorías son contido inadecuado, agás en caso de presenza de valor artístico, educativo ou documental.

Incumprimentos da propiedade intelectual

Incumprimentos da propiedade intelectual

Non permitimos imaxes nin ningún outro contido que infrinxa os dereitos legais doutras persoas, incluído o copyright. Para obter máis información ou enviar unha solicitude de DMCA (Digital Millennium Copyright Act, lei estadounidense de protección dos dereitos de autor), revisa os nosos procedementos sobre copyright.

Icona Contido sexual explícito

Contido sexual explícito

Non permitimos contido sexual explícito.

Icona Contido ilegal, perigoso ou violento

Contido ilegal, perigoso ou violento

Non permitimos contido esencialmente ilegal, que promova actos ilegais ou perigosos, ou que conteña violencia gratuíta ou gráfica.

Icona Acoso e ameazas

Acoso e ameazas

Non permitimos contido que utilice Street View para acosar, intimidar ou atacar outros usuarios.

Incitación ao odio

Incitación ao odio

Non permitimos contido que fomente ou xustifique a violencia sobre persoas ou grupos por motivos de raza, orixe étnica, relixión, discapacidade, sexo, idade, nacionalidade, condición de veterano, orientación sexual ou identidade de xénero.

Icona Contido relacionado co terrorismo

Contido relacionado co terrorismo

Non permitimos que as organizacións terroristas utilicen este servizo para ningún fin (incluído o recrutamento de seguidores). Así mesmo, eliminaremos o contido relacionado co terrorismo, como o que promova actos terroristas, incite á violencia ou enalteza ataques terroristas.

Icona Risco para os menores

Risco para os menores

Google ten unha política de tolerancia cero con respecto ao contido relacionado co abuso ou a explotación infantil. Isto inclúe calquera imaxe de abuso sexual e todo o contido que mostre menores en actitude sexual. Se encontras contido que pensas que constitúe explotación infantil, non o compartas nin o comentes, nin tan sequera se o fas coa intención de que Google lle preste atención. Se atopas contido noutro lugar de Internet, contacta directamente co NCMEC (National Center for Missing and Exploited Children, centro estadounidense para menores desaparecidos e explotados).

Icona Información que permita a identificación persoal

Información que permita a identificación persoal

Non admitimos contido que inclúa información que permita a identificación persoal (por exemplo, datos de tarxetas de crédito, de historias clínicas ou do documento de identidade emitido polo Goberno), xa sexa túa ou de calquera outra persoa.