Descubre cando, onde e como tomamos imaxes en 360°
Coñece os coloridos vehículos de Google Street View e consulta como tomamos imaxes en 360° para mellorar o mapa mundial.
Fontes das fotografías
As fotos de Street View proveñen de dúas fontes: Google e os nosos colaboradores.
O contido de Google atribúese a "Street View" ou "Google Maps". Desenfocamos automaticamente os rostros e as matrículas nas nosas imaxes.
O contido achegado polos usuarios colaboradores vai acompañado do nome dunha conta á que se pode acceder mediante un toque ou un clic e, nalgúns casos, dunha foto do perfil.
Onde imos crear mapas este mes?
Percorremos o mundo en coche e a pé para mostrarche imaxes que che permiten gozar dunha mellor experiencia e che axudan a descubrir todo o que te rodea. Se queres saudar o noso equipo, consulta abaixo cando vai pasar por algunha localización da túa zona.
Data | Distrito |
---|
Data | Distrito |
---|
Debido a factores que escapan ao noso control (condicións meteorolóxicas, peches de estradas, etc.), sempre é posible que os nosos coches non estean en funcionamento ou que se produzan pequenos cambios. Ten en conta tamén que, aínda que na lista se especifique unha cidade en concreto, pódense incluír cidades e vilas máis pequenas que estean a pouca distancia en coche.
Frota preparada para descubrir as marabillas do mundo
Visitamos lugares incribles nos sete continentes e aínda nos quedan máis. Antes de continuar co noso percorrido, temos en conta moitos factores (por exemplo, o terreo, as condicións climáticas e a densidade de poboación) para levar só os recursos necesarios e tomar as mellores imaxes.
Coche de Street View
Trekker
Darlles vida aos mapas
Cando rematamos de tomar as imaxes, chega o momento de mostrarchas en pantalla. Bótalle unha ollada ao que fai o noso equipo entre bastidores.
-
Recompilación de imaxes
Primeiramente, precisamos percorrer lugares e fotografar as localizacións para amosalas en Street View. Temos en conta moitos factores, entre eles as condicións atmosféricas e a densidade de poboación de varias zonas, para determinar cando e onde podemos obter as mellores imaxes.
-
Aliñación de imaxes
Para que cada imaxe se corresponda coa súa localización xeográfica no mapa, combinamos os sinais dos sensores do coche que miden as coordenadas GPS, a velocidade e a dirección. Deste xeito podemos reconstruír a ruta exacta do coche e mesmo inclinar e volver aliñar as imaxes segundo sexa necesario.
-
Conversión de fotografías en fotos en 360º
Para que non queden espazos nas fotos en 360º, as cámaras adxacentes sacan fotos que se solapan un pouquiño; logo unímolas para crear unha única imaxe en 360º. A continuación aplicamos algoritmos especiais para procesar as imaxes, que atenúan os puntos de unión e crean transicións suaves.
-
Mostrámosche a imaxe adecuada
A rapidez coa que os láseres do coche se reflicten nas superficies indícanos a distancia á que se atopa cada edificio ou obxecto e axúdanos a construír un modelo en 3D do mundo. Cando te desprazas cara a unha zona que está lonxe en Street View, este modelo determina cal é a mellor panorámica que che pode mostrar para esa localización.