Crea e publica as túas propias imaxes de Street View
Tomar imaxes de barrios, lugares turísticos e negocios locais nunca foi tan doado. Só tes que escoller a cámara, gravar os teus vídeos en 360º e cargar o contido a Street View Studio.
Móstralles o teu barrio, o teu patrimonio cultural e os negocios locais ás persoas de todo o mundo.
Axuda ás cidades a supervisar o tráfico, valorar os danos nas infraestruturas, mellorar os traballos de mantemento e colaborar nas iniciativas de recuperación.
Mellora a experiencia turística engadindo imaxes de beirarrúas e puntos de acceso.
En só tres pasos, podes publicar as túas imaxes en 360º en todo o mundo
Capta imaxes de rúas, camiños, lugares turísticos e empresas cunha cámara compatible con Street View. Se a túa rúa non existe en Google Maps, busca outras formas de xestionar os datos ou de compartilos connosco a través da páxina Socios de contido de Google Maps.
*Note that Google does not certify any operational or mechanical functions. Any specific technical or logistical issues should be addressed directly with the supplier.
Cando vaias en coche, en bici ou a pé, leva a túa cámara contigo
Crea as túas imaxes en 360º en movemento sen quitar as mans do volante. Usa un vehículo ou un soporte para casco cando tomes imaxes da túa rúa, ou ben monta a túa cámara cun minitrípode ou monopé se queres tomar imaxes de interiores.
Carga varios ficheiros á vez e previsualiza as túas imaxes antes de rematar de cargalas. Accede ás estatísticas de imaxes en 360º e planea os teus futuros percorridos de toma de imaxes facilmente.
Descubre como están usando Street View as institucións públicas e organizacións de turismo para mellorar a visibilidade do seu destino a nivel mundial.
Street View impulsa as comunidades locais
En 2019, un grupo de fotógrafos comezou a crear mapas de Zanzíbar. Consulta máis información sobre a repercusión do proxecto no turismo e na economía local.
Vehículos todoterreo gravando as illas da Polinesia Francesa
Un fotógrafo local sacou o seu lado creativo usando carros de golf, motos de auga e cabalos para engadir imaxes da Polinesia Francesa ao mapa e axudar ao persoal de emerxencias local a mellorar os seus servizos.
Preparativos previos ao traballo de creación de mapas de Zanzíbar
O Goberno colaborou con WT360 para crear mapas do país, ensinarlle á poboación local como funciona Street View e capacitala para continuar co proxecto.
Tomar imaxes dixitais de Myanmar e conservar o seu patrimonio cultural
Descubre como unha empresa de produción de realidade virtual comezou a tomar imaxes dixitais de Myanmar con Street View coa finalidade de conservar o patrimonio cultural do país.
Crear mapas de Zimbabwe en coche, bicicleta e barco
Tawanda Kanhema está creando mapas do seu país. Consulta máis información sobre como tomou imaxes das cataratas Victoria e como engade cada vez máis localizacións a Street View.
Local Guides mostran a beleza de Kenya ao resto do mundo
Local Guides e fotógrafos profesionais colaboraron para crear mapas de Kenya e mostrar a súa beleza ao resto do mundo. Consulta máis información sobre o seu percorrido.
A Autoridade de Turismo das Illas Bermudas colaborou con Miles Partnership para optimizar a presenza en liña das illas, aumentar a notoriedade dos negocios locais e axudar aos turistas a planificar as súas viaxes.
Co obxectivo de destacar a cultura de Tonga e doutras illas do Pacífico, os fundadores de GRID Pacific decidiron trazar un plan ambicioso para crear mapas de todo o arquipélago e engadilos a Street View.
Se a túa rúa non existe en Google Maps, busca outras formas de xestionar os datos ou de compartilos connosco a través da páxina Socios de contido de Google Maps.