Do illamento á visibilidade: como Street View abriu un reino budista ao mundo.

Situado na cordilleira do Himalaia, Bután sempre tivo moitos pasos de montaña, vales exuberantes e ríos serenos para ofrecer aos visitantes. Por iso, o seu Goberno e Street View asociáronse para levar a cabo unha iniciativa dun ano de duración que ten a finalidade de mostrar estas xoias agochadas e de fomentar o turismo e o desenvolvemento socioeconómico de Bután.

Despois de varios contratempos para conseguir o visto e prace e os permisos para filmar, o Consello de Turismo de Bután lanzou este proxecto en maio de 2020 coa colaboración do equipo de asistencia técnica de Google Singapur. Street View axudounos con dous Ricoh Theta V, unha Insta360 Pro, cursos de formación presenciais e sesións de solución de problemas periódicas para manter a iniciativa polo bo camiño.

2625,86 km

fotografados

2 398 285

imaxes publicadas

7,4 millóns

de visualizacións

Mapeamento dixital da beleza de Bután

Antes da iniciativa de Street View, Bután non tiña os equipamentos nin os coñecementos técnicos para chegar aos visitantes potenciais, o que dificultaba aos turistas planificar as viaxes. Agora, calquera persoa, desde un peregrino budista a un potencial visitante, pode descubrir virtualmente os mosteiros-fortaleza de Timbu e as aldeas inmaculadas de Punakha.

Este proxecto non é só unha das pedras angulares do plan do Goberno por chegar a todo o mundo, senón que tamén supón avanzar cara á dixitalización da sociedade de Bután.

Unha vía butanesa máis percorrida

A navegación intelixente de Street View permitiu aos turistas acceder a un dos lugares máis interesantes do mundo e deu aos viaxeiros liberdade de elección e de movemento. O acceso a gravacións en 360° e a percorridos virtuais en tempo real das condicións sobre o terreo axudou aos visitantes a facerse unha idea da viaxe e a explorar as súas posibilidades.

 

A versión butanesa de Google Street View resultou útil tanto para o país como para turistas de todo o mundo. Poden usala topógrafos, empresas, organismos gobernamentais, establecementos de ensino e outros para mellorar os respectivos servizos.

-

Dorji Dhradhul, director xeral do Consello de Turismo de Bután

 

Con 500 empresas novas engadidas a Street View e 4000 actualizacións dos mapas de Bután, os habitantes do país tamén poden gozar das vantaxes, que van desde información actualizada do tráfico e suxestións de rutas en tempo real ata máis visibilidade para os negocios locais.

Creadores de mapas de Google Street View colocando unha cámara nun coche en Bután

Mellores imaxes en Street View

A iniciativa de Street View do Goberno, ademais de abrir o país ao mundo, foi moi útil á hora de planificar proxectos de desenvolvemento. O feito de gravar lugares que estiveron agochados durante séculos marca o inicio da estratexia de mantemento do patrimonio histórico de Bután. A través dos datos de Street View, pódense rexistrar as condicións das estradas e melloralas, se é necesario.

Bután cada vez acolle máis visitantes. Polo momento só se cartografaron vinte cidades, hai un territorio de 38 394 km² por descubrir e está previsto ir actualizando regularmente os mapas coas novas infraestruturas que se desenvolvan, así que esta iniciativa de Street View só acaba de comezar.

Street View conecta mundos pequenos de grandes maneiras. Dando a coñecer preciosidades agochadas a través de imaxes envolventes, Street View pode revolucionar a traxectoria dun país e ter un papel fundamental no seu desenvolvemento.

Comparte as túas propias imaxes de Street View