Impulso das comunidades locais de Zanzíbar con Street View

Todo destino que se apoie no turismo para crecer economicamente ten como prioridade impulsar a súa notoriedade internacional, e Zanzíbar non é unha excepción. Así que, cando chegou a hora de crear impacto económico para o seu país, o Comité de Planificación de Zanzíbar fixou o obxectivo de divulgar a beleza do seu arquipélago e, coa axuda de Street View, podían acadalo. Xunto cos fotógrafos profesionais Federico Debetto, Nickolay Omelchenko e Chris du Plessis, de World Travel in 360 (WT360), crearon Project Zanzibar e inspiraron as comunidades locais para que continuasen co proxecto pola súa conta.

Google Street View: Apoderamento de comunidades locais en Zanzíbar

Watch the film

Link to Youtube Video (visible only when JS is disabled)

1700 km

fotografados

980 000

imaxes publicadas

33 millóns

de visualizacións

105 hoteis

anunciados

Colaboración para impulsar o crecemento

Facer mapas a escala é todo un reto. Por este motivo, o equipo de WT360 colaborou con 12 estudantes voluntarios da Universidade Estatal de Zanzíbar para que lle axudasen a crear o mapa da fermosa illa de Unguja. Seguindo os coñecementos de Federico, Nickolay e Chris, gravaron material de 1700 km.

O turismo supón máis do 30 % do noso PIB. Como resultado, somos quen de formar a xuventude do país e os que xa traballan no sector turístico. Houbo unha época na que a xente cría que o turismo estaba só relacionado cos hoteis, pero é moito máis. Tamén deben terse en conta aspectos como a historia do lugar, as compañías aéreas e o márketing. Ter máis xente de Zanzíbar implicada co sector será incriblemente beneficioso para o goberno e para a economía do país.

-

Simai Mohammed Said, ministro de Turismo e Patrimonio de Zanzíbar.

A medida que Zanzíbar vai evolucionando, o equipo de Federico actualiza periodicamente as imaxes en 360º das rúas para contribuír ao desenvolvemento das infraestruturas e a atraer máis visitantes ao país.

Foto de Google Street View tirada por Federico Debetto nunha rúa de Zanzíbar

Máis visibilidade en todo mundo para as empresas con imaxes en 360º

Este ano, Federico comezou a explorar a illa de Pemba, situada ao norte. En tan só 6 días, Federico e mais Ibrahim Khalid, un antigo estudante que fixo de voluntario, capturaron máis de 500 km de imaxes e 40 panorámicas aéreas, que cargaron a Google Maps usando Street View Studio.

Grazas ás gravacións de atraccións turísticas, de lugares que son patrimonio histórico, de hoteis e de comercios, puideron crear National Global Tour de Zanzíbar, unha plataforma nacional de imaxes que está a crecer rapidamente e que promove as illas por todo o mundo.

De facer mapas a crear emprego

Cando Federico coñeceu a Shamymu Yassin, esta era unha estudante que soñaba con facerse piloto de drons. Para cumprir o seu compromiso de mellorar o futuro de Zanzíbar, Shamymu recorreu ao equipo de WT360 para obter máis información sobre a tecnoloxía de Street View. Ensináronlle cal era a mellor cámara que podía usar, como capturar imaxes e como cargalas en Google Maps. En pouco tempo, Shamymu pasou a ter dominado este proceso e a ser unha fotógrafa profesional que gaña a vida explorando illas de Zanzíbar e creando mapas delas.

Federico, Shamymu e Ibrahim están a traballar en cargar novas imaxes aéreas de Zanzíbar, prestándolles especial atención ás zonas desenvolvidas máis recentemente, aos novos comercios e aos hoteis renovados. E agora que vai abrir o parque de atraccións de Zanzíbar, a súa misión non para de crecer.

Mapas a escala de Zanzíbar: publicación de datos de forma máis intelixente e rápida con Street View Studio

A calidade das imaxes e das cámaras mellorou desde 2019 e, tras o lanzamento de Street View Studio, publicar imaxes é máis doado e rápido. Os fotógrafos agora poden cargar varios vídeos en 360° ao mesmo tempo, controlar o seu progreso, facer buscas no material cargado por lugar ou polo nome orixinal do ficheiro e planificar coleccións futuras usando capas de mapas interactivos.

 

Publicamos toda a illa de Pemba usando Street View Studio. As melloras principais da ferramenta son de cuestións organizativas, como poder continuar coas cargas que se puxeran en pausa ou se interromperan, e cargar varios vídeos á vez sen ter que quedar a noite en vela para ir engadindo ficheiros. Grazas a esta función, podemos durmir moito máis tranquilos!

-

Federico Debetto, fotógrafo profesional

 

Construíndo o futuro

Project Zanzibar comezou co obxectivo de apoderar e formar os estudantes de Zanzíbar para que soubesen facer mapas do seu país e, partindo diso, conseguiu ter un impacto global. Despois de tres anos, o proxecto puxo o foco nos negocios locais e deu oportunidades profesionais a antigos voluntarios como Shamymu e Ibrahim.

Comparte as túas propias imaxes de Street View