Mostra a túa empresa por dentro e por fóra
As fotos e os percorridos virtuais axudan a que as persoas decidan visitar unha empresa. Impulsa a túa presenza en liña, e mostra a túa empresa por dentro e por fóra en todo o seu esplendor. Permite que a clientela vexa imaxes de Street View antes de visitar a túa empresa para facerse unha idea do que pode esperar.
Máis de 100
países e territorios en Street View
Máis de mil millóns
de usuarios ao mes en Google Maps
Máis de 200 millóns
de empresas e lugares con presenza en Google Maps
Móstralles aos usuarios o que poden agardar cunha vista en 360° do teu escaparate
Crea as túas propias imaxes dos espazos exteriores para guiar os visitantes ata a túa localización e móstralles información importante (por exemplo, onde poden aparcar ou se a entrada está adaptada para cadeiras de rodas).
Fai que a túa empresa destaque cun percorrido virtual
Dálle á clientela a benvida ao interior da túa localización para amosarlle como é a túa empresa e o que ofrece antes de que chegue. Tira fotos das instalacións, dos estantes de produtos e dos menús, e publícaas en Street View. Tamén podes pedirlle a un profesional que che axude a facelo.
Crear o teu percorrido virtualFai que os visitantes volvan mostrándolles imaxes novas
Acabas de facer unha remodelación ou comezaches a ofrecer novos produtos? Actualiza as túas fotos en Street View. Controla a túa imaxe en liña ofrecéndolle periodicamente á clientela información actualizada sobre novidades e ofertas incribles.