Política sobre usos prohibidos da IA xenerativa
Última modificación: 14 de marzo de 2023
Os modelos de IA xenerativa poden axudarche a explorar temas novos, inspirar a túa creatividade e adquirir novas aprendizaxes. Non obstante, esperamos que os utilices e que interactúes con eles dunha forma responsable e legal. Neste sentido, non debes utilizar os servizos de Google aos que se fai referencia nesta política para o seguinte:
- Levar a cabo nin facilitar actividades perigosas, ilegais nin maliciosas, dentro das que se inclúen as que se indican a continuación:
- facilitación ou promoción de actividades ilegais ou infraccións da lei, como, por exemplo:
- promoción ou xeración de contido relacionado coa explotación ou o abuso sexual infantil
- promoción ou facilitación da venda de substancias, bens ou servizos ilegais, ou subministración de instrucións para a súa preparación ou o acceso a estes
- facilitación da comisión dalgún tipo de delito por parte dos usuarios ou incitación a esta
- promoción ou xeración de contido terrorista ou extremista violento
- usos inadecuados, danos, interferencias ou interrupcións de servizos (ou facilitación destas accións a terceiros), como, por exemplo:
- promoción ou facilitación da xeración ou da distribución de spam
- xeración de contido para actividades enganosas ou fraudulentas, estafas, phishing ou software malicioso
- intentos de saltar ou sortear filtros de seguranza, ou de facer de forma intencionada que o modelo actúe dunha maneira contraria ás nosas políticas
- xeración de contido que poida danar ou promover o dano de persoas físicas ou colectivos, como, por exemplo:
- xeración de contido no que se promova ou fomente o odio
- facilitación de métodos de acoso ou intimidación para amedrentar outras persoas, abusar delas ou insultalas
- xeración de contido no que se facilite ou se promova a violencia, ou no que se incite a ela
- xeración de contido no que se que faciliten, promovan ou fomenten as autolesións
- xeración de información que permita a identificación persoal para a súa distribución ou outros danos
- seguimento ou control de persoas sen o seu consentimento
- xeración de contido que poida ter repercusións inxustas ou adversas para algunhas persoas, en particular consecuencias relacionadas con características delicadas ou protexidas
- facilitación ou promoción de actividades ilegais ou infraccións da lei, como, por exemplo:
- Xerar e distribuír contido co propósito de ofrecer información falsa, falsear datos ou enganar mediante accións como as que se indican a continuación:
- falseamento de información acerca da procedencia de contido xerado alegando que foi creado por un ser humano ou presentándoo como orixinal, co obxecto de enganar
- xeración de contido no que se suplante a identidade dunha persoa (viva ou morta) sen unha comunicación explícita ao respecto, co obxecto de enganar
- declaracións enganosas conforme se posúen determinados coñecementos ou capacidades, en particular en eidos delicados (por exemplo, no ámbito sanitario, financeiro, legal ou de servizos públicos)
- adopción de decisións automatizadas en materias que teñen consecuencias sobre o benestar ou os dereitos materiais ou individuais (por exemplo, na esfera financeira, legal, laboral, sanitaria, de vivenda, seguros e benestar social)
- Xerar contido sexual explícito: nisto englóbase o creado con fins pornográficos ou de satisfacción sexual (por exemplo, chatbots sexuais). Cómpre salientar que neste suposto non se inclúe o contido creado con fins científicos, educativos, documentais nin artísticos.