Quen son os socios de Google?
Google traballa de diferentes maneiras con empresas e organizacións, ás que nos referimos como "socios". Por exemplo, máis de 2 millóns de sitios web e aplicacións alleos a Google asócianse con Google para mostrar anuncios. Millóns de socios programadores publican as súas aplicacións en Google Play. Outros socios axudan a Google a protexer os nosos servizos, xa que a información sobre as ameazas contra a seguranza pode axudarnos a enviarche unha notificación se cremos que a túa conta foi obxecto dun uso fraudulento (momento no que poderemos axudarche a tomar as medidas necesarias para protexela).
Ten en conta que tamén traballamos con empresas de confianza que actúan como "procesadores de datos" e non como socios, o que significa que procesan información no noso nome para axudar no funcionamento dos nosos servizos, seguindo as nosas instrucións e de conformidade coa nosa Política de privacidade e con outras medidas de confidencialidade e de seguranza oportunas. Na Política de privacidade de Google inclúese máis información acerca de como utilizamos os procesadores de datos.
Non compartiremos cos nosos socios publicitarios ningún tipo de información que te identifique persoalmente, como o teu nome ou correo electrónico, a menos que nolo pidas. Por exemplo, se ves un anuncio dunha floraría próxima e seleccionas o botón Tocar para chamar, realizaremos a chamada e podemos compartir o teu número de teléfono coa floraría.
Podes obter máis información sobre os datos recompilados por Google e os seus socios na Política de privacidade.