Este contido pertence a unha versión arquivada da nosa Política de privacidade. Consulta a Política de privacidade actual.
"a túa actividade noutros sitios e aplicacións"
Exemplos
Esta actividade pode proceder do uso que fas dos produtos de Google, como Sincronización de Chrome, ou das túas visitas aos sitios e aplicacións que se asocian con Google. Moitos sitios web e aplicacións asócianse con Google para mellorar o seu contido e servizos. Por exemplo, un sitio pode utilizar os nosos servizos de publicidade (como AdSense) ou ferramentas de análise (como Google Analytics), ou pode incorporar outros contidos (como vídeos de YouTube). Estes produtos comparten información sobre a túa actividade con Google e, dependendo da configuración da túa conta e dos produtos que utilices (por exemplo, cando un socio usa Google Analytics xunto cos nosos servizos de publicidade), estes datos pódense asociar coa túa información persoal.Máis información acerca de como utiliza Google os datos cando usas sitios ou aplicacións dos nosos socios.