Este contido pertence a unha versión arquivada da nosa Política de privacidade. Consulta a Política de privacidade actual.

"é posible que recompilemos e procesemos información acerca da túa localización real"

Exemplos

  • Por exemplo, Google Maps pode centrar a vista dos mapas na túa localización actual. Máis información. Se utilizas Google Maps para móbil, utilizaremos o GPS, a wifi e os sinais das torres de telecomunicacións para determinar a túa localización. Máis información.
  • Cando esteas preto dunha parada de autobuses ou dunha estación de tren, Google Now pode indicarche que autobuses ou trens serán os próximos en chegar.
  • O Historial de localizacións permite a Google almacenar un historial dos teus datos de localización de todos os dispositivos nos que iniciaches sesión na túa conta de Google e nos que tes activada a xeración de informes de localización. É posible que os datos do Historial de localizacións e da xeración de informes de localización sexan utilizados por calquera aplicación ou servizo de Google. Por exemplo, é posible que Google Maps os utilice para mellorar os teus resultados da busca en función dos lugares nos que estiveches. Máis información.
Aplicacións de Google
Menú principal