"proceso legal ou solicitude gobernamental executable"
Exemplos
Como outras compañías tecnolóxicas e de comunicacións, Google recibe frecuentemente solicitudes de gobernos e tribunais de todo o mundo para entregar datos de usuarios. O respecto pola privacidade e a seguridade dos datos que almacenas con Google é o piar sobre o que se sustenta a nosa estratexia para cumprir estes requirimentos legais. O noso equipo xurídico revisa todas as solicitudes, independentemente do tipo, e, moitas veces, non as atendemos cando estas semellan ser excesivamente amplas ou non seguen o procedemento correcto. Obtén máis información no noso
informe de transparencia.