Este contido pertence a unha versión arquivada da nosa Política de privacidade. Consulta a Política de privacidade actual.

"anuncios que considerarás útiles"

Exemplos

  • Por exemplo, se visitas con frecuencia sitios web e blogs sobre xardinería, é posible que vexas anuncios relacionados coa xardinería cando navegues pola web. Se visualizas vídeos sobre pastelería en YouTube, é posible que vexas máis anuncios relacionados coa pastelería. Máis información.
  • Utilizamos o teu enderezo IP actual para determinar a túa localización aproximada, para poder mostrarche anuncios dun servizo de envío de pizza a domicilio próximo se buscas "pizza" ou ben podemos mostrarche os horarios do cine máis próximo se buscas a palabra "cine". Máis información.
  • É posible que o noso sistema analice automaticamente contido nos nosos servizos, por exemplo, correos electrónicos en Gmail, para mostrarche anuncios máis relevantes. Polo tanto, se recentemente recibiches unha gran cantidade de mensaxes sobre fotografía ou cámaras, é posible que esteas interesado en obter información acerca dunha oferta dunha tenda local de fotos. Por outra banda, se denunciaches esas mensaxes como spam, probablemente non queiras obter información sobre esa oferta. Este tipo de procesamento automatizado é o método utilizado polos servizos de correo electrónico para fornecer funcións como a filtración de spam e a comprobación ortográfica. A orientación dos anuncios en Gmail está totalmente automatizada, polo que ninguén lerá o teu correo electrónico nin información da conta de Google para mostrarche anuncios ou información relacionada. Obtén máis información acerca dos anuncios en Gmail aquí.
Aplicacións de Google
Menú principal