Política de privacidade
Última modificación: 20 Decembro 2013 (ver versións arquivadas)
Pode utilizar os nosos servizos de moitas maneiras, tanto para buscar e compartir información como para comunicarse con outros usuarios ou para crear contido novo. Se comparte información connosco (por exemplo, ao crear unha conta de Google), poderemos mellorar aínda máis eses servizos ao mostrar resultados e anuncios de busca que lle resulten máis relevantes, axudarlle a establecer contacto con outros usuarios ou permitir que comparta contido con outros usuarios con maior facilidade e rapidez. Como usuario dos nosos servizos, queremos informalo claramente acerca de como utilizamos os seus datos e de como pode protexer a súa privacidade.
Na nosa Política de privacidade explícase o seguinte:
- Que datos recollemos e os fins para os que levamos a cabo a súa recollida.
- Como empregamos esa información.
- As opcións que ofrecemos, incluído como acceder aos datos e actualizalos.
Tentamos que as explicacións sexan o máis sinxelas posible, pero se non está familiarizado con termos como cookies, enderezos IP, contadores de visitas ou navegadores, consulte esta páxina para entender estes termos clave antes de continuar. A súa privacidade é importante, por iso recomendamos que se familiarice coas nosas prácticas, tanto se acaba de empezar a usar Google como se leva usándoo moito tempo, e que se e que se poña en contacto connosco se ten algunha pregunta.
Información obtida por Google
Obtemos información para mellorar os servizos que ofrecemos a todos os nosos usuarios; por exemplo, podemos deducir aspectos básicos, como o idioma que falan, ou elementos máis complexos, como os anuncios que lles poden resultar máis útiles ou os usuarios que máis lles importan na web.
Seguimos dous procedementos para obtermos información:
-
Información que nos facilita. Por exemplo, para usar moitos dos nosos servizos debe rexistrarse para obter unha conta de Google. Durante este proceso pedirémoslle información persoal, como o seu nome, o seu enderezo de correo electrónico, o seu número de teléfono ou os datos da súa tarxeta de crédito. Se quere aproveitar ao máximo as opcións para compartir dispoñibles, pode crear un perfil de Google público que inclúa o seu nome e a súa foto.
-
Información obtida a través do uso dos servizos. Podemos obter información sobre os servizos que usa e sobre como os usa (por exemplo, se accede a un sitio web que usa os nosos servizos de publicidade ou se ve os nosos anuncios e o noso contido e interactúa con eles). Esta información inclúe:
-
Información sobre o dispositivo
Poderemos recoller datos específicos sobre o seu dispositivo (como, por exemplo, o modelo de equipo, a versión do sistema operativo, os identificadores únicos e os datos sobre a rede móbil, incluído o número de teléfono). Google poderá asociar os identificadores do seu dispositivo ou o seu número de teléfono coa súa conta de Google.
-
Información de rexistro
Cada vez que use os nosos servizos ou consulte o noso contido, é posible que obteñamos e que almacenemos determinada información nos rexistros do servidor de forma automática. Entre outros datos, podemos almacenar o seguinte:
- Información detallada sobre o uso do servizo (por exemplo, as consultas de busca).
- Información de rexistros telefónicos (por exemplo, o número de teléfono, o número do emisor da chamada, os números de transferencias, a hora e a data das chamadas, a súa duración, a información sobre o enrutamento de mensaxes SMS e os tipos de chamadas).
- Enderezo do protocolo da Internet.
- Información sobre eventos relacionados co dispositivo, o que inclúe información sobre fallos, actividade do sistema, configuración do hardware, tipo e idioma do navegador, data e hora da solicitude e URL de referencia.
- Cookies que permitan identificar de forma única o seu navegador ou a súa conta de Google.
-
Información de situación
Ao utilizar un servizo de Google que poida rexistrar a súa situación, poderemos levar a cabo a recollida e o tratamento de datos acerca da súa situación real como, por exemplo, os sinais de GPS enviados por un dispositivo móbil. Tamén pode que usemos distintas tecnoloxías para detectar a situación como, por exemplo, os datos dos sensores do dispositivo que proporcionen información sobre os puntos de acceso Wi-Fi e as antenas de telefonía móbil máis próximos.
-
Números exclusivos de aplicación
Algúns servizos inclúen un número exclusivo de aplicación. Este número e a información sobre o seu equipamento (por exemplo, o tipo de sistema operativo ou o número de versión da aplicación) pódense enviar a Google ao instalar ou desinstalar este servizo ou cando o servizo establece contacto cos servidores de forma periódica para, por exemplo, buscar actualizacións automáticas.
-
Almacenamento local
Podemos obter e almacenar información de forma local no dispositivo (incluída a súa información persoal) a través do sistema de almacenamento web do navegador (incluído HTML 5) e das memorias caché de datos de aplicacións.
-
Cookies e identificadores anónimos
Utilizamos diferentes tecnoloxías para obtermos e almacenarmos información cando accede a un servizo de Google, incluído o envío dunha ou varias cookies ou de identificadores anónimos ao seu dispositivo. Tamén utilizamos cookies e identificadores anónimos cando interactúa cos servizos que lles proporcionamos aos nosos socios, como os servizos de publicidade ou as funcións de Google que poden aparecer noutros sitios.
-
Como usamos a información obtida
A información que extraemos de todos os nosos servizos permítenos proporcionar, manter, protexer e mellorar os devanditos servizos, desenvolver outros servizos novos e protexer Google e os nosos usuarios. Tamén utilizamos estes datos para ofrecerlle contido personalizado como, por exemplo, resultados de busca e anuncios máis relevantes.
Podemos usar o nome que proporcione para o seu perfil de Google en todos aqueles servizos para cuxa utilización sexa necesario dispoñer dunha conta de Google. Ademais, poderemos substituír os nomes que asociase con anterioridade á súa conta de Google de modo que estea identificado de forma coherente en todos os nosos servizos. Se outros usuarios xa teñen o seu correo electrónico ou outra información que o identifique, é posible que lles permitamos ver a información pública do seu perfil de Google, como o seu nome e a súa foto.
Se se pon en contacto con Google, é posible que gardemos un rexistro da súa comunicación para podermos resolver máis facilmente calquera incidencia que tivese lugar. Tamén é posible que usemos o seu enderezo de correo electrónico para enviarlle información sobre os nosos servizos, incluída información sobre as melloras ou as modificacións que se vaian implementar proximamente.
Utilizaremos os datos recollidos a través das cookies e doutras tecnoloxías como, por exemplo, os contadores de visitas, para mellorarmos a experiencia do usuario e a calidade xeral dos nosos servizos. Por exemplo, ao gardar as súas preferencias de idioma, poderemos facer que os nosos servizos aparezan no idioma que prefira. Cando lle amosemos anuncios personalizados, non asociaremos cookies ou identificadores anónimos a categorías sensibles como, por exemplo, as relativas á raza, relixión, orientación sexual ou saúde.
Podemos combinar a información persoal dun servizo coa información doutros servizos de Google, incluída a información persoal, para que poida compartir contido con usuarios que coñeza máis facilmente, entre outros usos. Non combinaremos os datos das cookies de DoubleClick con datos de carácter persoal, excepto en caso de que preste o seu consentimento para tal efecto.
Pedirémoslle o seu consentimento previo para usar calquera tipo de información cun fin que non estea recollido nesta Política de privacidade.
Google procesa información persoal en servidores situados en distintos países do mundo. Polo tanto, é posible que procesemos a súa información persoal nun servidor que non estea situado no seu país de residencia.
Transparencia e liberdade de escolla
Os usuarios preocúpanse por diferentes cuestións relacionadas coa privacidade. O noso obxectivo consiste en ofrecer información clara sobre os datos que obtemos para que os usuarios poidan tomar decisións axeitadas con relación ao seu uso. Por exemplo:
- Pode usar o panel de control de Google para revisar e controlar determinados tipos de información ligados á súa conta de Google.
- Pode consultar e editar as súas preferencias de anuncios, por exemplo as categorías que lle poden interesar, utilizando a Configuración de anuncios. Aquí tamén pode deshabilitar algúns servizos de publicidade de Google.
- Pode usar o editor para visualizar e axustar o perfil de Google que se amosa a determinados usuarios.
- Pode controlar os usuarios cos que comparte información.
- Pode obter información de moitos dos nosos servizos.
Tamén pode configurar o seu navegador para que bloquee todas as cookies, incluídas as cookies asociadas aos nosos servizos, ou para saber cando é Google quen envía a cookie. Non obstante, debe ter en conta que se deshabilita as cookies, é posible que moitos dos nosos servizos non funcionen correctamente. Por exemplo, é posible que non lembremos as preferencias de idioma.
Información compartida por vostede
Moitos dos nosos servizos permítenlle compartir información con outros usuarios. Teña en conta que os motores de busca, incluído Google, poden indexar a información que comparta de forma pública. Os nosos servizos ofrécenlle diferentes opcións para compartir ou eliminar contidos.
Acceder aos seus datos persoais e actualizalos
Cada vez que usa un servizo de Google, intentamos que poida acceder á súa información persoal. Se esa información non é correcta, tratamos de ofrecerlle os medios para actualizala rapidamente ou para eliminala (excepto se debemos conservala con fins legais ou comerciais lexítimos). Ao actualizar a súa información persoal, é posible que deba verificar a súa identidade para que poidamos procesar a súa solicitude.
Podemos rexeitar as solicitudes que sexan máis repetitivas, as que requiran un esforzo técnico desproporcionado (por exemplo, que sexa necesario desenvolver un novo sistema ou cambiar de forma radical algunha práctica existente), as que poñan en perigo a privacidade de terceiros ou as que non sexan nada prácticas (por exemplo, as solicitudes que fagan referencia a información almacenada en copias de seguridade).
Cando poidamos ofrecerlle a posibilidade de acceder aos seus datos persoais e modificalos, farémolo de forma gratuíta, excepto en caso de que isto requira un esforzo desproporcionado. Ao prestar os nosos servizos, desexamos protexer os seus datos procurando que non poidan eliminarse de forma accidental ou intencionada. Por este motivo, aínda que elimine os seus datos dos nosos servizos, é posible que non destruamos de inmediato as copias residuais almacenadas nos nosos servidores activos nin os datos almacenados nos nosos sistemas de seguridade.
A información que compartimos
Non compartimos información persoal con empresas, organizacións ou particulares que non teñan relación con Google, excepto no caso dalgunha das seguintes circunstancias:
-
Co seu consentimento
Compartiremos información persoal con empresas, organizacións ou particulares que non teñan relación con Google se nos permite facelo. Necesitamos o consentimento do usuario para facilitar calquera tipo de información persoal confidencial.
-
Con administradores de dominio
Se un administrador do dominio se encarga de xestionar a súa conta de Google (por exemplo, se é usuario de Google Apps), o administrador do seu dominio e os distribuidores encargados de proporcionar asistencia ao usuario para a súa organización poderán acceder á información da súa conta de Google (incluídos o seu correo electrónico e outros datos). O administrador do seu dominio poderá:
- Consultar estatísticas relacionadas coa súa conta, como as relativas ás aplicacións que instale.
- Cambiar o contrasinal da súa conta.
- Suspender ou cancelar o acceso á súa conta.
- Acceder a datos almacenados en relación coa súa conta ou conservar os devanditos datos.
- Obter a información da súa conta necesaria para cumprir coa lexislación ou a normativa aplicables, os procesos legais ou as esixencias gobernamentais vixentes.
- Limitar a súa capacidade para eliminar ou editar a información ou a configuración de privacidade.
Para obter máis información, consulte a política de privacidade do administrador do seu dominio.
-
Para o procesamento externo
Proporcionamos información persoal ás nosas filiais ou a outras empresas ou particulares de confianza para que a procesen no noso nome, sempre que sigan as nosas instrucións de conformidade coa nosa Política de privacidade e cumpran as medidas de confidencialidade e de seguridade oportunas.
-
Por cuestións xurídicas
Compartiremos información persoal con empresas, organizacións ou particulares que non teñan relación con Google se cremos de boa fe que existe unha necesidade razoable de acceder á devandita información, de usala, de conservala ou de revelala para:
- Cumprir coa lexislación ou coa normativa aplicables, cos procesos legais ou coas esixencias gobernamentais vixentes.
- Aplicar as Condicións de servizo pertinentes, incluída a investigación de posibles infraccións.
- Detectar ou previr a fraude e as incidencias técnicas ou de seguridade ou facerlles fronte doutro modo.
- Protexer os dereitos, a propiedade ou a seguridade de Google, dos nosos usuarios ou do público en xeral na medida esixida ou permitida pola lexislación aplicable.
Podemos compartir información consolidada de carácter non persoal co público e cos nosos socios, incluídos editores, anunciantes ou sitios conectados. Por exemplo, podemos compartir publicamente información para amosar tendencias sobre a utilización xeral dos nosos servizos.
Se Google participa nunha fusión, adquisición ou venda de activos, asegurarémonos de manter a confidencialidade dos datos persoais e informaremos os usuarios afectados antes de que os seus datos persoais se transfiran ou pasen a estar suxeitos a unha política de privacidade diferente.
Seguridade da información
Esforzámonos por protexer Google e os seus usuarios fronte a operacións non autorizadas de modificación, divulgación ou destrución da información que almacenamos ou fronte ao acceso non autorizado a esta. En particular:
- Ciframos moitos dos nosos servizos mediante SSL.
- Ofrecemos a posibilidade de configurar a verificación en dous pasos para acceder ás contas de Google, así como unha función de navegación segura en Google Chrome.
- Revisamos as prácticas de procesamento, de almacenamento e de obtención de información, incluídas as medidas físicas de seguridade, para evitarmos que se produzan accesos non autorizados aos nosos sistemas.
- Limitamos o acceso á información persoal almacenada aos contratistas, axentes e empregados de Google que precisan coñecer a devandita información para que a procesen. Todos eles están obrigados a cumprir coas estritas esixencias contractuais relativas á confidencialidade e, de incumprírenas, abriríaselles o expediente disciplinario pertinente ou procederíase ao seu despedimento.
Aplicación
A nosa Política de privacidade aplícase a todos os servizos que prestan Google Inc. e as súas filiais, incluídos os que se ofrecen noutros sitios (por exemplo, os servizos de publicidade), excepto se están suxeitos a políticas de privacidade independentes que non se inclúen nesta Política de privacidade.
A nosa Política de privacidade non se aplica aos servizos fornecidos por outras empresas ou particulares, incluídos os produtos ou sitios que poidan aparecer nos resultados da busca e os sitios que poidan incluír servizos de Google ou aos que se acceda desde os devanditos servizos. A nosa Política de privacidade non cobre o tratamento da información doutras empresas e organizacións que anuncien os nosos servizos ou que usen cookies, contadores de visitas ou outras tecnoloxías para publicar e ofrecer anuncios relevantes.
Cumprimento
En Google verificamos o cumprimento da nosa Política de privacidade de forma regular. Tamén cumprimos con varios esquemas de autorregulación. En caso de que recibamos unha reclamación formal por escrito, porémonos en contacto coa persoa que a presentou para facermos un seguimento dela. Porémonos en contacto coas autoridades reguladoras pertinentes, incluídas as autoridades locais encargadas da protección de datos, para resolver calquera reclamación relacionada coa transferencia de información persoal que non poidamos solucionar directamente co usuario.
Modificacións
A nosa Política de privacidade poderase modificar en calquera momento. Non limitaremos os seus dereitos en virtude desta Política de privacidade sen o seu consentimento explícito. Publicaremos todas as modificacións da presente Política de privacidade nesta páxina e, se son significativas, efectuaremos unha notificación máis destacada (por exemplo, enviarémoslle unha notificación por correo electrónico se a modificación afecta a determinados servizos). Ademais, arquivaremos as versións anteriores desta Política de privacidade para que poida consultalas.
Prácticas de produtos específicos
A continuación ofrécese información sobre as prácticas de privacidade específicas dalgúns produtos e servizos de Google que pode usar: