Google Fotos

4,3
51 M recensións
10.000 M+
Descargas
Clasificación de contido
USK: todas as idades
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla

Acerca desta aplicación

Google Fotos é o lugar onde se gardan e organizan automaticamente todas as túas fotos e vídeos. Deste xeito, resultarache máis fácil compartilos.

- O mellor produto de fotos da Terra (The Verge)

- Google Fotos é a nova aplicación de fotos imprescindible (Wired)



A aplicación oficial Google Fotos adáptase ao modo actual de tirar fotos e dispón de funcións esenciais: álbums compartidos, creacións automáticas e un paquete de edición avanzada. Todas as Contas de Google inclúen 15 GB de almacenamento. Ademais, tes a posibilidade de escoller se queres facer copias de seguranza automáticas de todas as fotos e vídeos en alta calidade ou en calidade orixinal. Accede ao teu contido desde calquera dispositivo conectado e en photos.google.com.



A aplicación oficial ofréceche:



15 GB DE ALMACENAMENTO: Contarás con 15 GB para facer copias de seguranza das fotos e dos vídeos. Poderás acceder a elas desde calquera dispositivo e en photos.google.com. As fotos estarán seguras e protexidas, e serán privadas. As fotos e os vídeos dos que fixeses copias de seguranza en alta calidade antes do 1 de xuño de 2021 non ocuparán espazo de almacenamento da túa Conta de Google.



OPCIÓN DE LIBERAR ESPAZO: Non volverás quedar sen espazo no teléfono. Cun simple toque poderás quitar do dispositivo as fotos das que xa teñas unha copia de seguranza.



CREACIÓNS AUTOMÁTICAS: As películas, colaxes, animacións e panorámicas creadas automaticamente farán que as túas fotos cobren vida. Se o prefires, poderás crealas pola túa conta facilmente.



PAQUETE DE EDICIÓN AVANZADA: Transforma as fotos cun toque. As ferramentas de edición de fotos, potentes e moi fáciles de usar, permitiranche aplicar filtros de contido intelixentes ou axustes de luz, entre outras moitas opcións.



SUXESTIÓNS DE USO COMPARTIDO: Coas suxestións intelixentes de uso compartido, enviarlles ás amizades as fotos que tirases delas será coser e cantar. E como elas tamén poderán engadir as súas, por fin terás as fotos nas que saias.



BUSCA RÁPIDA E POTENTE: Poderás buscar fotos polas persoas, lugares e cousas que aparezan nelas, sen necesidade de usar etiquetas.



ÁLBUMS EN TEMPO REAL: Escolle as persoas e as mascotas que queiras ver, e Google Fotos engadirá automaticamente fotos delas segundo as fagas, sen actualizacións manuais*.



LIBROS DE FOTOS: Crea libros de fotos en só uns minutos co teléfono ou ordenador. Poderás ver suxestións de libros de fotos coas túas mellores fotos dunha viaxe ou período*.



GOOGLE LENS: Cústache describir algo? Usa a súa foto para buscalo ou levar a cabo outras accións. Copia e traduce texto, identifica plantas e animais, engade eventos ao calendario, busca produtos en liña e moito máis.



ENVÍO INSTANTÁNEO DE FOTOS: Comparte fotos ao instante con calquera contacto, correo electrónico ou número de teléfono.



MEDIATECAS COMPARTIDAS: Permite que unha persoa de confianza acceda ás túas fotos.



Se queres ampliar o almacenamento da túa Conta de Google para gardar fotos e vídeos en calidade orixinal, subscríbete a Google One. Hai subscricións desde 1,99 $ ao mes por 100 GB nos EUA. As tarifas e a dispoñibilidade dos plans varían segundo a rexión.

- Condicións de servizo de Google One: https://one.google.com/terms-of-service

- Tarifas de Google One: https://one.google.com/about



Se tes algunha dúbida, atoparás máis información en https://support.google.com/photos



Google Fotos tamén pode usarse con Wear OS no Google Pixel Watch. Leva as túas fotos favoritas na esfera do reloxo.



*O agrupamento facial, os álbums en tempo real e os libros de fotos non están dispoñibles en todos os países.
Última actualización
20 de nov. de 2024

Seguranza dos datos

A seguranza pasa por entender como recompilan e comparten os teus datos os programadores. As prácticas relacionadas coa seguranza e a privacidade dos datos utilizadas poden variar en función do uso, a rexión e a idade. O programador facilitou esta información e pode modificala co paso do tempo.
Non se comparten datos con terceiros
Máis información sobre como fan os programadores declaracións acerca dos datos que comparten
Esta aplicación pode recompilar estes tipos de datos
Localización, Información persoal e 8 máis
Encríptanse os datos en tránsito
Podes solicitar que se eliminen os datos
Revisión de seguranza independente

Valoracións e recensións

4,3
49,5 M recensións
Edi Jalali
28 de outubro de 2024
EdiJalali
1 persoa considerou que esta recensión é útil
Pareceuche útil?
Josê Carlos Bahiano
15 de setembro de 2024
Otimo
4 persoas consideraron que esta recensión é útil
Pareceuche útil?
Md Izrail Shah
24 de xuño de 2024
I miss 6kkylr to jojzzjgw.
7 persoas consideraron que esta recensión é útil
Pareceuche útil?

Novidades

Presentamos unha nova ferramenta de xestión do espazo de almacenamento que che axudará a xestionar as fotos que contan para a túa cota de almacenamento. Con esta ferramenta, mostraranse fotos e vídeos que é posible que queiras eliminar, como fotos borrosas, capturas de pantalla e vídeos grandes.